Antonio Pérez-Hugalde Colemán, máis coñecido como Antonio Colemán, nado en 1951 e finado en Ourense o 25 de decembro de 2003, foi un copiloto de rallys, grande impulsor do Rally de Ourense, xunto a Estanislao Reverter
Foi copiloto de varios pilotos, entre eles Peitos, e presidente da Escudaría Ourense dende 1983 ata a súa morte en 2003.Presentación da Escudería Ourense na súa web
Traxectoria Aínda que anteriormente interviñera nalgún Rally do Lacón, o seu primeiro rally importante foi o Rally de Ourense de 1970, onde foi copiloto de Moncho Cachafeiro, quedando no posto 26º a bordo dun Seat 850. En 1976 comezou a correr como copiloto do ourensán Peitos, debutando a parella no Rally da Coruña, no que lograron a vitoria. Correu con Peitos ata o Rally do Lacón de 1981, onde remataron segundos. A continuación foi vicepresidente da Federación Galega de Automobilismo e dende 1983 foi o presidente da Escudaría Ourense, cargo que ocuparía ata o seu falecemento en 2003 a causa dun derramo cerebral. Durante eses anos participou na organización do Rally de Ourense.
Recoñecementos O 23 de xuño do 2006 inaugurouse en Ourense unha escultura de bronce na súa honra e na de Estanislao Reverter, obra do artista Ramón Conde Bermúdez, cos dous sentados no coche de Estanislao, o Alpinche.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Categoría:Copilotos de rally de Galicia Categoría:Nados en 1951 Categoría:Finados en 2003