Adela Lloret Varela, máis coñecida como Adela Akers, nada o 7 de febreiro de 1933 en Santiago de Compostela, é unha artista téxtil estadounidense.

Dende 1972 foi profesora na Tyler School of Art.

Traxectoria Nada en Santiago de Compostela poucos anos antes da Guerra Civil española criouse en Cuba. Graduouse na Universidade da Habana, en Farmacoloxía. Logo foi alumna do Instituto de Arte de Chicago e da Academia de Arte Cranbrook, e despois foi texedora en residencia da Escola de Oficios Penland en Spruce Pine. Reside en Guerneville, California.

A súa obra está representada na Galería Renwick, o Metropolitan Museum of Art e no Museo de Arte e Deseño de Nova York. Algúns dos seus papeis están depositados nos Arquivos de Arte Americana.

Exposicións 2010 Museo do Condado de Sonoma 2010 The 49th Anniversary Show, Galería Triangle 2008 Ashes to Art, The Gallery en FUNERIA 1991 Museo de Arte de Filadelfia 1986 Academia de Bellas Artes de Pennsilvania 1982 Escola de Deseño de Rhode Island 1982 Museo Nacional de Deseño Cooper-Hewitt

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Artistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1933 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes