A eminencia hipotenar é unha formación anatómica do membro superior humano, pertencente á man. Está situada na zona medial da palma da man, na base do dedo maimiño. É unha formación semellante á eminencia tenar. Forman parte da eminencia hipotenar: O músculo opoñente do maimiño. O músculo abdutor do maimiño. O músculo flexor curto do maimiño.

Os tres músculos están innervados pola rama fonda do nervio cubital.

Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior. (en castelán)

Categoría:Anatomía do membro superior