O Salavat Yulaev Ufa é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Ufa, na República de Baxkortostán (Rusia). Actualmente forma parte da División Chernyshev da Kontinental Hockey League (KHL), competición á que pertence dende a súa fundación no 2008.
Historia O club recibe o seu nome de Salavat Yulaev, un heroe nacional de Bashkortostan. Anteriormente era coñecido como Trud Ufa (dende a súa fundación en 1957 ata 1959) e Gastello Ufa (1959-1962). O Salavat Yulaev foi o campión do último título da Superliga Rusa no 2008.
O Salavat Yulaev Ufa xogou 77 partidos internacionais contra equipos de Bulgaria, Dinamarca, Letonia, Polonia, Romanía, Finlandia, Croacia, Checoslovaquia, Suíza, Suecia (cun récord de 67 vitorias, 5 empates, e 5 derrotas). O seu primeiro partido internacional tivo lugar o 30 de decembro de 1961 en Ufa fronte ao Wismuth de Alemaña Oriental. En 1993, o Salavat puido disputar o máximo campionato ruso. No 2008, o club adestrado por Serguei Mikhaliov conseguiu o seu primeiro título de campión ruso. Ao ano seguinte, o club converteuse nun dos membros fundadores da Kontinental Hockey League, unha nova competición eurasiática, foi daquela cando asinou un acordo de aficiación co Toros Neftekamsk da Vyschaïa Liga.
Palmarés 1 KHL Gagarin Cup: 2011 5 Vyschaïa Liga: 1978, 1980, 1982, 1985, 1992 1 Federation Cup: 1995 4 Bashkiria Presidential Cup: 2005, 2006, 2007, 2010 1 Romazan Tournament: 2006 1 Superliga Rusa: 2008
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial do Salavat Yulaev
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Rusia Categoría:Equipos da KHL