L'Amour des trois oranges (en francés) ou en ruso Любовь к трём апельсинам (transliterado Lyubov' k tryom apel'sinam, traducible ao galego como O amor das tres laranxas) é unha ópera satírica en catro actos e un prólogo con música e libreto en ruso de Sergei Prokofiev composta en 1919. O seu libreto está baseado na obra teatral L'Amore delle tre melarance escrita por Carlo Gozzi en 1761, e baseada así mesmo no conto de fadas italiano homónimo escrito por Giambattista Basile. O libreto existe en dúas versións: unha en ruso (o orixinal) e unha en francés, traducido do ruso polo mesmo Prokofiev.

Estrea A ópera foi estreada pola Lyric Opera of Chicago o 30 de decembro de 1921 no Teatro Auditorium baixo a dirección do mesmo compositor na versión francesa (titulada L'Amour des trois oranges) que realizara xunto con Vora Janacopulos. O éxito de público foi grande, mais a crítica reprochou a ausencia de melodía. A súa primeira produción en ruso en tivo lugar en Petrogrado (actual San Petersburgo) en 1926, e dende aquela entrou no repertorio estándar de moitas compañías de ópera.

Unha suite sinfónica, que contiña algunhas das mellores partes da ópera, conseguiu así e todo conquistar rapidamente as salas de concertos de todo o mundo. Só un cuarto de século máis tarde, e co crecente prestixio do compositor, os teatros de ópera recoñeceron o valor desta obra extraordinaria. É a ópera máis representada de Prokofiev, e aínda o sería máis de non ser pola súa complexidade e o gran número de personaxes que interveñen.

Personaxes PersonaxeTesituraIntérpretes o 30 de decembro de 1921Director: Sergei ProkofievRei de Trévos (Monarca dun reino imaxinario)baixoJames FrancisO Príncipe (fillo do Rei de Trevos) tenorJosé MojicaFata Morgana (unha bruxa) sopranoNina KoshetzTruffaldino (bufón da Corte)tenorOctave DuaLeandro (Primeiro Ministro)barítonoWilliam BeckPrincesa Clarissa (sobriña do Rei)contraltoIrène PavlovskaPantalón (conselleiro do Rei)barítonoDésiré Defrère Chelio (un mago)baixoHector Dufranne Princesa Ninetta sopranoJeanne Dusseau Princesa Linetta contraltoPhiline Falco Princesa Nicoletta mezzosopranoFrances PaperteEsmeraldina (doncela de Fata Morgana)sopranoJeanne Schneider Cleonte (cociñeiro da Corte)baixoConstantin Nikolay Farfanello (un demo)baixoJames Wolf Mestre de cerimonias tenorLodovico Oliviero Un Heraldo baixoJerome Uhl''' Bailaríns, comediantes, cortesáns, demos, criados, soldados etc.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Sergei Prokofiev Categoría:Óperas en francés Categoría:Óperas en ruso Categoría:Óperas de 1921