miniatura|260px|Punción venosa na fosa cubital, practicando unha sangría. A fosa cubital, tamén chamada fosa do cóbado, sangría ou sangradoiro, é unha zona anatómica situada entre o brazo e o antebrazo.

Situación e estrutura Está situada por diante do cóbado e ten forma triangular, formada por dous músculos: Músculo braquiorradial, que se orixina na crista supracondílea lateral do úmero Músculo pronador redondo, que ten a súa orixe no epicóndilo medial úmeral

A base do triángulo é unha liña imaxinaria horizontal que pasa entre os epicóndilos medial e lateral (ou entre epicóndilo e epitrocleo segundo a denominación latina). O chan da fosa está formado polo músculo braquial anterior. O contido da fosa, de dentro a fóra é: O nervio mediano A arteria braquial O tendón do músculo bíceps braquial

A arteria braquial adoita bifurcarse na arteria radial e na arteria cubital no vértice da fosa, índa que ás veces, a bifurcación prodúcese moito antes. Neste punto é no que se coloca o fonendoscopio para medir a presión arterial.

O nervio mediano sitúase por dentro da arteria braquial e sae da fosa entre as dúas porcións do músculo pronador redondo. Tanto a arteria coma o nervio están protexidos na parte de adiante da fosa pola aponeurose bicipital. É unha membrana delgada de tecido conxuntivo, que se estende entre a superficie medial ou interna do tendón do músculo bíceps braquial e a fascia fonda do antebrazo.

O nervio radial sitúase xusto por debaixo o bordo do músculo braquiorradial, que forma o bordo lateral da fosa. Nesta posición, o nervio radial divídese nunha póla superficial e noutra fonda: A póla superficial continúa polo antebrazo, por debaixo do músculo braquiorradial A póla fonda pasa entre as dúas porcións do músculo supinador longo para acadar a parte posterior do antebrazo

O teito da fosa está formado pola fascia superficial e a pel. Por este teito discorre a vea mediana, que cruza diagonalmente a fosa para conectar a vea cefálica coa vea basílica. A aponeurose bicipital separa a vea mediana do cóbado da arteria braquial e do nervio mediano. Tamén se achan no teito os nervios cutáneo medial do antebrazo e cutáneo lateral do antebrazo. Véxase tamén

Bibliografía Drake, Richard; A. Wayne Vogl & Adam W. M. Mitchell (2013): Gray. Anatomía básica. Madrid: S. A. Elsevier España. ISBN 978-84-8086-942-3 . Moore, Keith L.; Arthur F. Dalley & Anne M. R. Agur (2013): Anatomia Con Orientacion Clinica , 7ª ed. Barcelona: Wolters Kluwer España, S. A. ISBN 978-84-96921-47-4 .

Outros artigos Túnel cubital Epicóndilo medial

Ligazóns externas The cubital fossa en Anaesthesia UK .

Categoría:Anatomía do membro superior