Gonzalo Durán Hermida, nado en Vilanova de Arousa o 1 de setembro de 1962, é un médico e político galego do PPdeG.
Traxectoria Médico de profesión. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG en Vilanova de Arousa e foi a segunda forza máis votada, fronte ó PSdeG-PSOE que logrou a maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou de novo a candidatura popular e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Durante o seu primeiro mandato consumouse a segregación da Illa de Arousa de Vilanova, no 1997. Nas sucesivas eleccións foi reelixido alcalde, sempre con maioría absoluta. En 2011 foi elixido presidente da Mancomunidade do SalnésLa pataleta de Gonzalo Durán le vale presidir la mancomunidad, permanecendo no cargo ata 2019.
En xuño de 2026, o medio ElPlural difundía unha nova na que poñía de manifesto unha posible trama de enriquecemento a partir do patrimonio familiar, cuestión da que deberá dar contas ante os tribunais de Xustiza.
É irmán do tamén político José Juan Durán Hermida.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilanova de Arousa
Ligazóns externas Entrevista en Faro de Vigo
Categoría:Alcaldes de Vilanova de Arousa Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Vilanova de Arousa Categoría:Nados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes