José Antonio Gago Lorenzo, nado en Vilagarcía de Arousa en 1932 e finado no mesmo concello o 10 de outubro de 1994, foi un político galego.

Traxectoria Arquitecto técnico de profesión, foi xestor administrativo. Foi presidente da Asociación Provincial de Autoescolas, vogal da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa, dende 1970 concelleiro de Vilagarcía de Arousa e tenente de Alcalde do concello data abril de 1979. Foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra por UCD na lexislatura constituínte (1977-1979) e na I lexislatura (1979-1982). Presidente do Partido Demócrata Popular, foi deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular na II lexislatura (1985-1989). Finou en Vilagarcía de Arousa o 10 de outubro de 1994 con 62 anos.La Voz de Galicia, 11-10-1964, p. 22.

Vida persoal

Casou con Rosa Torrado Oubiña e foi pai de José Antonio, Rosa María e Alberto Gago Torrado. Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Necrolóxica en El País

Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Concelleiros de Vilagarcía de Arousa

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa

Categoría:Nados en 1932

Categoría:Finados en 1994