George Hincapie, nado en Nova York o 29 de xuño de 1973, é un exciclista profesional estadounidense de orixe colombiana. Traxectoria

Foi un destacado clasicómano, aínda que a fama lle veu por ser un dos mellores gregarios de Lance Armstrong na consecución dos seus sete Tours de Francia, posteriormente anulados. Ademais, tamén participou na primeira vitoria de Alberto Contador no ano 2007 e na vitoria de Cadel Evans no ano 2011. Na edición do ano 2011 igualou o récord de participacións no Tour de Francia (16) que ostentaba o holandés Joop Zoetemelk.

Categoría:Ciclistas de Colombia Categoría:Ciclistas olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Queens Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2008