Os campos semánticos organízanse mediante diversos tipos de relacións entre os significados dos lexemas: relacións de incompatibilidade (véxase antonimia). relacións de inclusión. e relacións entre significantes e significados (sinonimia, homonimia e polisemia).

As relacións de inclusión implican que os significados completo de varios signos lingüísticos estas incluídos dentro do significado doutro signo lingüístico. Deste xeito ó vocábulo que inclúe (por exemplo, a palabra árbore) o significado completo dunha ou varias palabras (carballo, maceira, faia,...) chámaselle hiperónimo. As palabras incluídas teñen dúas posibles denominacións: Son hipónimos con respecto ó hiperónimo: carballo é hipónimo de árbore. Son cohipónimos entre elas: carballo é cohipónimo de maceira.

Á condición que posúen os hiperónimos chámaselle hiperonimia; á dos hipónimos, hiponimia; á dos cohipónimos, cohiponimia.

Outra relación de inclusión básica é a meronimia. Véxase tamén

Outros artigos Hiperonimia e hiponimia Campo semántico

Categoría:Semántica Categoría:Lexicoloxía