O metacarpo é unha formación ósea do membro superior humano, pertencente á man. É un conxunto de cinco ósos que forman o esqueleto da palma da man, un por cada dedo. Os cinco posúen tres porcións, unha base, que é o elemento máis superior; un corpo; e unha cabeza, situada na parte máis inferior do óso.

Articulacións co carpo Cada metacarpiano artéllase por encima cos ósos do carpo, constituíndo as articulacións carpometacarpianas: O primeiro metacarpiano artéllase co trapecio. O segundo metacarpiano artéllase co trapezoide. O terceiro metacarpiano artéllase co grande. O cuarto metacarpiano artéllase co grande e co ganchudo. O quinto óso metacarpiano artéllase co ganchudo.

Articulacións coas falanxes Cada metacarpiano artéllase cunha falanxe correspondente, formando as articulacións metacarpofalánxicas: O primeiro metacarpiano artéllase coa falanxe proximal do polgar. O segundo metacarpiano artéllase coa falanxe proximal do segundo dedo ou dedo índice. O terceiro metacarpiano artéllase coa falanxe proximal do terceiro dedo ou dedo medio. O cuarto metacarpiano artéllase co cuarto dedo ou dedo anular. O quinto metacarpiano artéllase co quinto dedo ou maimiño. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior

Categoría:Metacarpo