, nado en Tokyo o 18 de xaneiro de 1921 e falecido en Osaca o 5 de xullo de 2015, foi un físico estadounidense de orixe xaponesa.

Traxectoria É famoso por ter proposto a "cor de carga" da cromodinámica cuántica, por ter realizado traballos en principios de ruptura espontánea de simetría electrodébil na física de partículas, e por ter descuberto que o modelo de dobre resonancia podería explicarse coa teoría de cordas da mecánica cuántica, sendo ademais, canda Holger Bech Nielsen, John H. Schwarz e Leonard Susskind, un dos fundadores desta teoría. Foi recoñecido con numerosos premios e honras tales como o Premio Nobel de Física, Premio J. Robert Oppenheimer, a Medalla Nacional de Ciencias dos Estados Unidos, Orde de Cultura do Xapón, a Medalla Max Planck, o Premio Wolf, a Medalla Franklin, a Medalla Dirac ou o Premio Sakurai.

Nambu converteuse inicialmente en profesor de física da Universidade de Osaka en 1950. Tamén foi profesor emérito da Universidade de Chicago.

A Acción Nambu-Goto da teoría de cordas recibe ese nome na honra de Nambu e de Tetsuo Goto. Por outra parte, os bosóns sen masa formúlanse na teoría de campos con ruptura espontánea de simetría e denomínanse ás veces bosons Nambu-Goldstone.

O 7 de outubro de 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus descubrimentos en física subatómica, xunto cos xaponeses Makoto Kobayashi e Toshihide Maskawa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Nobel de Física 2008

Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados na prefectura de Fukui Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1921 Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Físicos do Xapón Categoría:Alumnos da Universidade de Tokyo Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Nobel do Xapón