Anabel Alonso López, nada nas Pontes o 2 de abril de 1968, é unha escritora e bibliotecaria galega, coñecida pola súa participación en actividades do Concello das Pontes e o seu libro Café só.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa como bibliotecaria no concello das Pontes. Participou en grupos teatrais universitarios e obradoiros literarios. Colabora coa Asociación de Estudos Históricos Hume, coa Asociación Cultural Alende e co Grupo Poético Alalá.

Obra en galego Narrativa Café só, 2011, Morgante. Foi traducida ao castelán.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da autora en Edicións Morgante

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1968 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Bibliotecarios