As veas fondas do antebrazo son un conxunto de veas do membro superior humano, pertencentes á drenaxe venosa do membro superior, que recollen o sangue desosixenado da man e do antebrazo. Forman parte do sistema venoso fondo e derivan das veas fondas da man. Percorren todo o antebrazo ata chegar ao cóbado, para alí formaren as veas braquiais. Ao longo do seu traxecto pódense distinguir dúas veas de certo calibre, a vea radial e a vea cubital.
Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Veas