Andrew Darius Goudelock, nado en Stone Mountain, Xeorxia o 7 de decembro de 1988, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga para o Kolossos Rodou BC grego.
Traxectoria O 23 de xuño de 2011, Goudelock foi elixido na 46ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Los Angeles Lakers. O 17 de decembro de 2011, foi asignado polos Lakers aos Los Angeles D-Fenders da NBA Development League, e foi chamado de volta ao día seguinte.
O 26 de xullo de 2013, Goudelock asinou un contrato dun ano co UNICS Kazan. O 27 de abril de 2014 foi nomeado mellor xogador da VTB United League, tras acadar 20.1 puntos, 1.9 rebotes e 2.8 asistencias por encontro na tempada regular.
O 2 de xullo de 2014, asinou un contrato de dous anos co Fenerbahçe Ülker turco.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no condado de DeKalb, Xeorxia Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores do UNICS Kazan Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores dos Xinjiang Flying Tigers Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores dos Shandong Heroes Categoría:Xogadores do Reyer Venezia Categoría:Xogadores do Bilbao Basket Categoría:Xogadores do Kolossos Rodou BC