Parsifal é unha ópera en tres actos con música de libreto en alemán de Richard Wagner. O propio compositor a cualificou de «Festival Escénico Sacro». Esta ópera está baseada no poema épico medieval (do século XIII) Parzival de Wolfram von Eschenbach, sobre a vida deste cabaleiro da corte do Rei Artur e a súa procura do Santo Graal. Wagner concibiu a obra en abril de 1857 mais só a completou 25 anos despois, estreándose en Bayreuth o 26 de xullo de 1882 (á estrea asistiron, entre outros, Vincent d'Indy e Ernest Chausson).

Wagner outorgoulle ao Festival de Bayreuth o monopolio absoluto das representacións de Parsifal durante os 30 anos posteriores á súa morte (ata 1913, incluído). Con todo, en 1903 o Metropolitan Opera de Nova York saltouse esta restrición e representou a ópera. En 1914 comezaron as representacións "legais" fóra de Bayereuth: o 1 de xaneiro programouse en numerosos teatros. O primeiro teatro en representala foi o Gran Teatre del Liceu de Barcelona, que comezou a representación ás 22 horas do día 31 de decembro de 1913, co permiso da familia Wagner, xa que, a consecuencia da diferenza horaria, esta hora correspondía coa media noite en Bayreuth.

Personaxes PersonaxeTesituraIntérpretes na estrea26 de xullo de 1882(Director: Hermann Levi)Intérpretes na estrea no Met 24 de decembro de 1903(Director: Alfred Hertz)ParsifaltenorHermann WinkelmannAlois BurgstallerKundrysopranoou mezzosopranoAmalie MaternaMilka TerninaGurnemanz, un veterán Cabaleiro do GraalbaixoEmil ScariaRobert BlassAmfortas, gobernador do reino do GraalbarítonoTheodor ReichmannAnton van RooyKlingsor, un magobaixo-barítonoKarl HillOtto GoritzTiturel, pai de AmfortasbaixoAugust KindermannMarcel JournetDous cabaleiros do Graaltenor, baixo Anton FuchsEugen StumpfJulius BayerAdolph MühlmannCatro cabaleirossoprano,alto,2 tenoresHermine GalfyMathilde KeilMax MikoreyAdolf von HübbenetKatherine MoranPaula BraendleAlbert ReissWilly HardenSeis doncellas das flores3 sopranos, 3 contraltoso 6 sopranosPauline HorsonJohanna MetaCarrie PringleJohanna AndréHermine GalfyLuise BelceIsabelle BoutonErnesta DelsartaMiss FörnsenElsa HarrisLillian HeidelbachMarcia Van DresserVoz desde o Alto, Eine StimmecontraltoSophie DompierreLouise HomerCabaleiros do Graal, rapaces, doncellas de flores

Instrumentación A partitura de Wagner require a utilización de:

3 frautas, 3 óboes, corno inglés, 3 clarinetes en si bemol e la, clarinete baixo en si bemol e la, 3 fagots, contrafagot. 4 trompas en fa, 3 trompetas en fa, 3 trombóns, tuba. 4 timpani (2 instrumentistas), tambor, campás. 2 arpas. Archi (violíns I e II, violas, violoncellos e contrabaixos)

En escena: 2 trompetas en fa, 4 trombóns, campás de igrexa, máquina de trono

Notas

Categoría:Óperas de Richard Wagner Categoría:Canon de Bayreuth Categoría:Óperas en alemán Categoría:Óperas de 1882