Tannhäuser und der Sängerkrieg auf Wartburg (en galego Tannhäuser e o torneo de trobadores do castelo de Wartburg) é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner, baseada en dúas lendas alemás.

Historia e características Wagner empregou principalmente dúas historias que aparecen na obra de Ludwig Bechstein, entre outras fontes: unha delas é a lenda do cabaleiro Tannhäuser, e a outra é a chamada Der Sängerkrieg auf der Wartburg, é dicir o «concurso de canto do Castelo de Wartburg». Os temas principais da ópera son a loita entre o amor sagrado e o profano, e a redención a través do amor, tema dominante en boa parte da obra de Wagner.

A súa estrea tivo lugar en Dresden o 16 de outubro de 1845 baixo a dirección do propio compositor. A súa sobriña, Johanna Wagner, interpretou o papel de Elisabeth.

Existen catro versións da ópera; a terceira, a versión de París, é a que se adoita interpretar con máis frecuencia. Esta ópera é unha das integrantes do Canon de Bayreuth.

Tannhäuser segue no repertorio, se ben non está entre as óperas máis representadas, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto 53 das cen óperas máis representadas no período 2005-10, sendo a 14ª en Alemaña e a sexta de Wagner, con 82 representacións.

Personaxes Nota Aínda que o libreto e a partitura sempre emprega o nome en singular Tannhäuser en direccións escénicas que implican ao rol titular ou ao indicar as pasaxes que el canta, ese nome nunca aparece como parte das letras. Máis ben, cada personaxe que se dirixe a Tannhäuser polo seu nome emprega o seu nome de pía Heinrich. O distintivo personaxes Heinrich der Schreiber canta moitas melodías distintas de tódolos demais personaxes, e letras ocasionalmente únicas. Porén, no libreto encontra mención individual só na lista de personaxes, cos números de conxunto que inclúen ser etiquetado de Ritter (isto é, "cabaleiros", referíndose aos Minnesinger, que comparten todos un rango cabaleiresco). A partitura (polo menos na edición de Schirmer) etiqueta a súa liña de melodía simplemente "Schreiber".

PersonaxeTesituraElenco na estrea19 de outubro de 1845(Director: Richard Wagner)Versión revisadaElenco na estrea, 1861(Director: Pierre-Louis Dietsch)Tannhäuser, un MinnesingertenorJosef Aloys TichatschekAlbert NiemannElisabeth, a sobriña do LandgravesopranoJohanna WagnerMarie SasseVenussoprano ou mezzosopranoWilhelmine Schröder-DevrientFortunata TedescoWolfram von Eschenbach, un MinnesingerbarítonoAnton MitterwurzerMorelliHerrmann, Landgrave de TurinxiabaixoGeorg Wilhelm DettmerCazauxWalther von der Vogelweide, un MinnesingertenorMax SchlossAimesBiterolf, un MinnesingerbaixoJohann Michael WächterCoulonHeinrich der Schreiber, un MinnesingertenorAnton CurtyKönigReinmar von Zweter, un MinnesingerbaixoKarl RisseFreretUn xove pastorsopranoAnna ThieleRebouxCatro paxes nobressoprano, altoNobres, cabaleiros, damas, peregrinos, serenas, náiades, ninfas, bacantes; na versión de París, tamén as Tres Gracias, mozos, cupidos, sátiros e faunos

Instrumentación A partitura de Tannhäuser está escrita para os seguintes instrumentos:

3 frautas (unha dobra con piccolo), 2 óboes, 2 clarinetes, clarinete baixo, 2 fagots 4 trompas, 3 trompetas, 3 trombóns, tuba Timpani, bombo, platillos, ferriños, pandeireta Arpa Archi (violíns I e II, violas, violonchelos, e contrabaixos)

En escena corno inglés, 4 óboes, 6 clarinetes, 4 fagots, 12 trompas, 12 trompetas, 4 trombóns, caixa, platillos, pandeireta

Notas

Categoría:Óperas de Richard Wagner Categoría:Canon de Bayreuth Categoría:Óperas en alemán Categoría:Óperas estreadas en Dresde Categoría:Óperas de 1845