Ernesto Pérez González, nado en Ourense en 1968, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Funcionario da Deputación de Ourense dende 1994, é xefe de recadación provincial. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de San Amaro e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, ata que dimitiu a finais de 2018 para dar paso a quen fora o seu tenente de alcalde, Fernando Redondo.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en San Amaro
ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de San Amaro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes