Rafael Berges Marín, nado en Córdoba o 21 de xaneiro de 1971, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española, gañando con ela unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992.
Traxectoria Comezou a súa carreira futbolística no Córdoba CF, xogando na súa cidade natal dous anos, ao cabo dos cales foi traspasado ao CD Tenerife. Onde daría o seu gran salto de calidade, facendo moi boa tempada, o cal o levou a ser convocado coa selección española para os Xogos Olímpicos de Barcelona 92. Este escaparate serviulle para firmar un bo contrato co Celta de Vigo onde xogou as seguintes oito tempadas, xogando a moi bo nivel a pesar que as continuas lesións nos xeonllos lle impediu chegar a ser o futbolista que puido chegar a ser, pasando as dúas últimas tempadas en Vigo no dique seco, sen poder xogar un só minuto. Ao cabo dos cales volveu a súa cidade natal para retirarse alí no ano 2003.
Como xogador ClubCategoríaAnoPartidosGolesCórdoba CF2ªB1989-1990330Córdoba CF2ªB1990-1991412CD Tenerife1ª1991-1992201CD Tenerife1ª1992-1993220Celta de Vigo1ª1993-1994292Celta de Vigo1ª1994-1995390Celta de Vigo1ª1995-1996330Celta de Vigo1ª1996-1997261Celta de Vigo1ª1997-1998303Celta de Vigo1ª1998-1999211Celta de Vigo1ª1999-200000Celta de Vigo1ª2000-200100Córdoba CF2ª2001-200240 Inclúe partidos de 1ª, 2ª, 2ªB, Copa do Rei, Copa da UEFA e Promoción a Segunda. Ficha de Rafa Berges http://www.bdfutbol.com/es/j/j2261.html
Como adestrador ClubPaísAnoCórdoba "B"2006-2007Lucena CF2006UD Almería "B"2007Séneca CF2008CD Linares2008CD Pozoblanco2010-2011Córdoba "B"2011-2012Córdoba CF2012-2013Real Jaén CF2015UD Logroñés2016-2017
Palmarés
TítuloClubPaísAnoMedalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992Selección españolaEspaña1992Copa Intertoto da UEFACelta de VigoEspaña2000 Subcampión da Copa do Rei en 1994 co Celta de Vigo
Selección nacional Na selección española coincidiu con xogadores como Pep Guardiola, Kiko ou José Emilio Amavisca, gañadores da medalla de ouro nas olimpíadas de Barcelona 92.
Como adestrador Trala súa retirada foi coordinador das categorías inferiores do Córdoba CF e adestrador do seu filial. Despois pasou por equipos como o Lucena, a UD Almería "B", o Linares ou o CD Pozoblanco.
O 14 de xuño de 2012 foi contratado coma adestrador polo Córdoba CF.Rafa Berges toma el mando (Rafa Berges takes over); Diario de Córdoba, 14 de xuño de 2012 O 8 de abril de 2013, foi destituído.Rafa Berges deja de ser entrenador del Córdoba
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Córdoba CF Categoría:Adestradores do Real Jaén Categoría:Adestradores da UD Logroñés Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por España Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Futbolistas olímpicos de España Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1992