Manuel Núñez González, nado en Vilardevós o 5 de agosto de 1885 e finado no mesmo concello o 13 de febreiro de 1917, foi un rexistrador e poeta galego.

Traxectoria Fixo o Bacharelato en Ourense, onde foi alumno de Marcelo Macías. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e nesa época militou no Partido Liberal Fusionista canda a Eugenio Montero Ríos. Fixo oposicións como rexistrador da propiedade, e logrou a praza en La Almunia de Doña Godina, na provincia de Zaragoza, e logo de pedir o traslado foi destinado a Vilalba.

Publicou algúns poemas como "Alborada", "Os amores da terriña" e "Aurora" (asinados ás veces co pseudónimo Ma-Nu-Gon) na publicación O Tio Marcos d'a Portela e a lenda A namorada cautiva na revista O Galiciano (que despois recolleu en Salaios).

Ingresou como membro da Compañía de Xesús, e escribiu en castelán poemas místicos. Tivo que abandonala antes de pronunciar os votos definitivos a causa dunha grave enfermidade que lle causou a morte. Foi elixido membro de número da Real Academia Galega pero non chegou a ler o seu discurso de ingreso, La compañía gallega.

É tamén autor do folleto "Manojo de iniquidades o un feudal del siglo XIX", escrito contra un político da comarca de Verín e publicado en Portugal. Como narrador publicou "O muíño dos tíos Mariquiñas. Conto” en O Tio Marcos d'a Portela. Colaborou en La Opinión de Verín.

Notas

Obras Salaios. Versos gallegos, 1895. La poesía popular gallega, 1894. Efusivas, 1908 Manojo de iniquidades o un feudal del siglo XIX.

Véxase tamén

Bibliografía

Núñez González, M. (1998). Salayos e outros poemas. Edición de Amelia Rodrigues Esteves e Luís Alonso Girgado. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vilardevós Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1917 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas en lingua castelá