A articulación umerorradial é unha articulación do membro superior humano, que forma parte do cóbado. Artella o úmero e o radio, permitindo diversos movementos. Superficies articulares Na parte superior ou proximal intervén o cóndilo umeral, e na parte inferior ou distal intervén a cavidade radial, formando unha enartrose. Movementos A articulación pode realizar todos dos movementos, por ser unha enartrose. O ligamento anular do cóbado evita as dislocacións, agás cando se supera a súa resistencia e rompe. O tendón do bíceps braquial pode, cun grande esforzo, sacar o radio da articulación. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Articulacións