Ernesto Anido Varela, nado na Coruña en 1970, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Graduado social e empresario. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Sada pasando de 2 a 4 concelleiros. Pese a situarse como terceira forza política por detrás do BNG e do Partido Demócrata Sada Popular (PDSP) de Ramón Rodríguez Ares, foi elixido alcalde de co apoio deste último«La mochila de Moncho» llevaba 5 votos para el PP. Gobernou inicialmente en coalición con este grupo ata que os expulsou do goberno en decembro de 2013, gobernando en minoría o resto do mandato. Nas eleccións municipais de 2015 logrou se-la forza máis votada, logo de pasar de 4 a 7 concelleiros. Porén, non puido continuar na alcaldía logo de que os concelleiros dos seus anteriores socios do PDSP apoiasen ao candidato da marea Sadamaioría Benito Portela.
En 2017 abríuselle xuízo oral por un delito de prevaricación e o fiscal solicitou para el unha condena de nove anos de inhabilitación para o desempeño de cargos públicos.La jueza abre juicio oral al excalcalde de Sada, Ernesto Anido, por un delito de prevaricación En 2019 foi absolto deses cargos pola Audiencia Provincial.La Audiencia absuelve a Ernesto Anido de prevaricación administrativa en Sada
Volveu ser candidato á alcaldía de Sada nas eleccións municipais de 2019 sen conseguir recuperar a alcaldía logo de baixar a 5 concelleiros e quedar por detrás dos 6 de Sadamaioría, tralo cal renunciou a recolle-la súa acta de concelleiroAnido deja la política tras asumir como fallo personal el resultado electoral. En xullo de 2021 o Tribunal Supremo admitiu os recursos das acusacións fronte a sentenza da Audiencia Provincial, revocando esta e condenando a Anido a 8 anos de inhabilitación como autor dun delito de prevaricación El Supremo condena a 8 años de inhabilitación especial al exalcalde de Sada Ernesto Anido por la contratación de una coordinadora.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Sada
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Sada Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes