O Goberno provisional ruso formouse en Petrogrado despois da abdicación do tsar Nicolao II durante a Revolución de Febreiro de 1917. Consistiu nunha serie de sucesivos gabinetes, principalmente de coalición entre políticos liberais e socialistas moderados, que trataron infrutuosamente de resolver os graves problemas aos que se enfrontaba o país, enfrascado na impopular primeira guerra mundial, ata a toma do poder dos bolxeviques en novembro, ala radical do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia, na Revolución de Outubro.

O primeiro goberno estivo formado exclusivamente por políticos burgueses, coa única excepción de Aleksandr Kerenskii, do Partido Social-Revolucionario (SR), que ingresou no goberno a título persoal. Durou apenas dous meses antes de cesar durante a Crise de abril debido ás diferenzas sobre a guerra entre socialistas e os membros máis conservadores do Consello de Ministros. Formouse entón o primeiro dos varios Gobernos de coalición entre liberais e socialistas. O príncipe Georgii Lvov mantívose á fronte do novo Goberno ata despois do fracaso da Ofensiva de Kerenskii, a crise cos membros do Partido Democrático Constitucional, os kadetes, pola tensión cos nacionalistas ucraínos e as Xornadas de Xullo, cando lle sucedeu Kerenskii á fronte dun gabinete temporal de socialistas e liberais independentes. Estes primeiros gobernos realizaron unha ampla labor de reforma política, pero non resolveron os problemas máis importantes da poboación: a fin da guerra, a reforma agraria, os cambios nas condicións dos obreiros urbanos e as aspiracións das minorías.

O novo acordo entre kadetes e socialistas xurdido tras semanas de negociacións puxo fin á crise gobernamental do verán, pero non resolveu os desacordos entre eles nin permitiu avanzar nas reformas sociais e económicas esixidas cada vez con máis insistencia pola poboación nin levou a avances no fin da guerra. O verán trouxo a radicalización da situación en Rusia: mentres a dereita tendía a buscar unha figura autoritaria que impuxese orde, acabase coa crise e retomase a guerra con vigor, a esquerda reclamaba cada vez con maior insistencia a aplicación de profundas reformas políticas, sociais e económicas. A falta de resultados das accións do Goberno e o fracaso do intento de golpe de Estado do comandante en xefe do Exército, debilitaron tanto á dereita como ao Goberno, ao que se viu involucrado no mesmo, e reforzaron a posición da esquerda radical, favorable á toma do poder polos soviets.

A mediados do outono, a situación de crise e a debilidade do Goberno levaron á discusión aberta dun cambio de Goberno e a formación dun puramente socialista. Mentres no campo os soviets aceleraban unha reforma agraria oficiosa e se independizaban de feito da administración central, nas cidades crecía o apoio á esquerda radical; cando os bolxeviques decidiron tomar o poder a través dos soviets no Segundo Congreso Nacional dos Soviets, a oposición gobernamental foi mínima. A Revolución de Outubro puxo fin ao período do Goberno provisional e deu paso a un novo bolxevique, o Sovnarkom.

Creación do Goberno provisional Georgii Lvov, prestixioso liberal e primeiro presidente do Goberno provisional trala Revolución de Febreiro.|miniatura|200px|esquerda O Comité provisional da Duma Estatal invitou o comité executivo do Soviet de Petrogrado a tratar a situación política o e reuníronse esa mesma tarde.Basil (1984), p. 29Wade (1969), p. 5 Para entón o comité executivo provisional do soviet xa decidira non ingresar no novo Goberno; a toma do poder non se formulara. A reunión foi cordial entre os menxeviques Nikolai Chjeidze, Sujanov e Sokolov, e os liberais Pavel Miliukov, Aleksandr Guchkov e Georgii Lvov. Os primeiros mostráronse dispostos a ceder o Goberno aos segundos e manterse foraFerro (1975), p. 90 do novo Consello de Ministros. A cambio do apoio dos socialistas, estes esixiron a promulgación de dereitos civís (de asociación, de formación de partidos políticos, de liberdade de prensa...). Debía liberarse ademais os presos políticos, estenderse os dereitos civís aos soldados e convocarse canto antes unha Asemblea Constituínte.Kochan (1967), p. 183 Esta debía elixirse por sufraxio universal, directo, igualitario e secreto, e definiría a Constitución do país e a súa forma de Goberno (proclama do , ao día seguinte da formación do novo Consello de Ministros).Von Loewe (1967), p. 172 O soviet da capital ofreceu publicamente o seu apoioFerro (1975), p. 93 ao novo Goberno mentres se ativese ao acordo pactado, pero rexeitou entrar no mesmo. O Comité Executivo do soviet rexeitou a proposta dos deputados da Duma Imperial de Rusia para incluír a Chjeidze e Kerenskii no novo gabinete, aínda que Kerenskii aceptouna pola súa conta e logrou máis tarde o apoio do pleno do soviet ao día seguinte.Wade (2000), p. 48 O soviet consideraba que a revolución fora burguesa e que, sendo así, os socialistas non debían formar parte do Goberno.Wade (1969), p. 6 Este quedou entón formado por liberais, conservadores moderados e Kerenskii.

Cando o tsar Nicolao II abdicou o e o seu irmán o Gran Duque Miguel, rexeitou o trono ao día seguinte, o Goberno provisional comezou a rexer o Imperio Ruso de xeito formal, pero o seu poder estaba realmente limitado pola crecente autoridade do Soviet de Petrogrado.Rabinowitch (1991), p. 29

O novo Goberno pareceu contar inicialmente cun apoio abafador e contou con moitas das máis brillantes figuras dos liberais rusos, como o novo Primeiro Ministro Georgii Lvov,Wade (2000), p. 54 progresista e respectado veterano do traballo nos zemtsvos.Rabinowitch (1978), p. XXI A maioría dos seus membros proviñan do Partido Democrático Constitucional encabezado por Pavel Miliukov, quen ocupou a carteira de Exteriores. O novo Consello de Ministros, porén, era débil e a súa autoridade era limitada en gran parte do país e na propia capital.Basil (1984), p. 97 Os diversos nacionalismos do Imperio, as divisións entre os socialistas e a oposición entre estes e os liberais menoscababan o poder gobernamental. Petrogrado quedou a mercé do soviet.Von Loewe (1967), p. 174 O desexo da poboación de non limitar a revolución a reformas políticas, senón que incluíse medidas sociais e económicas complicou ademais desde o comezo as relacións entre os liberais e os socialistas. As diferenzas sobre a guerra —moi impopular— tamén dificultaron o entendemento entre ambos os grupos.Mosse (1967), p. 105 A concepción provisional do Goberno, o convencemento de que só aquel que xurdise da Asemblea Constituínte elixida democraticamente por sufraxio universal secreto podería decidir as cuestións fundamentais políticas, sociais e económicas,Ferro (1975), p. 220 e os desacordos entre fraccións no Goberno fixeron que este pospuxese continuamente as reformas de importancia.Wade (2000), p. 55

A situación política A Revolución de Febreiro produciu un profundo cambio político; varreu temporalmente as forzas á dereita dos liberais, transformados repentinamente nos novos conservadores da política nacional.Wade (2000), p. 53 Esquerda e dereita dividíronse en fraccións moderadas e radicais. As primeiras forxaron unha colación para cooperar politicamente que caracterizou o período interrevolucionario. A esquerda, formada por socialistas, quedou dividida fundamentalmente en defensistas favorables a cooperar cos liberais e cuxa principal figura foi o menxevique xeorxiano Irakli Tsereteli, e a corrente radical oposta ao Goberno provisional, formada polos socialrevolucionarios de esquerda, menxeviques internacionalistas, anarquistas e, principalmente, bolxeviques, con Lenin como figura máis destacada.Wade (2000), p. 67 A primeira dominou a maioría dos soviets ata outono.

O grupo moderado formouse pola unión oficiosa de destacados dirixentes de diversos partidos socialistas: ademais do propio Tsereteli, os menxeviques Nikolai Chjeidze ou Matvei Skobelev (presidente e vicepresidente do Soviet de Petrogrado), o tamén menxevique Fiodor Dan, os socialrevolucionarios Abraham Gotz e Nikolai Avksentiev (presidente do soviet nacional de campesiños), o ex-bolxevique Vladimir Voitinski, o socialista popular Aleksei Peshekhonov ou o bundista Mark Liber. Reunidos a miúdo de xeito informal na casa de Skovelev para tratar os diversos asuntos, constituían o núcleo da alianza menxevique-socialrevolucionaria que dominou a política rusa ata o outono.Wade (2000), p. 71 A súa posición política caracterizouse por: O desexo de lograr unha paz xeral negociada. A súa intención de defender activamente o país ata a consecución da paz. A súa disposición a colaborar co Goberno provisional e, a partir de maio, incluso de ingresar nel nunha coalición de liberais e socialista. A esta ía unida unha preferencia por resolver as diferenzas cos liberais mediante a negociación e certa insistencia a acudir ao apoio das masas para reforzar a súa postura, temerosos sempre de desatar unha guerra civil.Wade (2000), p. 72 A defensa de amplas reformas sociais e económicas, aínda que se mostraron dispostos a pospoñer as medidas máis controvertidas ata a reunión da Asemblea Constituínte ou ata o final da contenda. A súa defensa do proceso democrático como base das decisións políticas. Un constante temor á contrarrevolución, que os levou a non tomar medidas vigorosas para restaurar a orde pública ou a disciplina militar, que temían podían servir para favorecela. A este temor uniuse a convicción de que o bloque non podía recibir ameazas reais da corrente máis radical. O convencemento de que a revolución tiña un carácter burgués e que a etapa socialista non chegara aínda.

Este bloque moderado fíxose pronto co control do Soviet de Petrogrado e multiplicouse por todo o país: dominou a maioría dos soviets e, tralas eleccións do verán, a maioría dos concellos, ademais do Comité Executivo Central de Todas as Rusias xurdido do primeiro Congreso dos Soviets de Todas as Rusias celebrado en xuño. A pesar da súa disposición a colaborar cos liberais, os socialistas nunca abandonaron certa hostilidade e receo ás actividades dos partidos máis conservadores, o que complicou a cooperación.Wade (2000), p. 80 Contrarios a que os soviets tomasen o poder, tampouco se mostraron dispostos a someterse incondicionalmente á autoridade formal do Goberno.

A dualidade do poder político, dividido na capital entre o Goberno provisional e o Soviet de Petrogrado, e no resto do país entre as institucións da administración e os diversos soviets, debíase á división social do país: mentres que o Goberno e as administracións representaban principalmente as clases medias e altas, os soviets eran os representantes das clases baixas. O primeiro trataba de realizar unha reforma política sen grandes cambios na estrutura social e económica, mentres que os soviets reflectían os desexos das clases desfavorecidas de levar a cabo profundos cambios sociais e económicos.

Principais problemas O Goberno provisional e a desilusión do campesiñado No campo, tras un primeiro momento de escepticismo e cautelaWade (2000), p. 127Ferro (1975), p. 369 sobre a caída do tsar, a reacción xeral entre os campesiños foi de alegría. Esta actitude favoreceu inicialmente ao Goberno provisional e a continuación da guerra, pero o apoio do campesiñado ao Goberno non era incondicional e dependía da súa actuación en favor dos intereses dos labradores, tal e como estes os entendían.Gill (1978), p. 242 A actitude do Goberno nas tres áreas de maior interese para os campesiños (a administración local, que esperaban que fose elixida nas vilas, a propiedade da terra, que desexaban pasase ás súas mansFerro (1975), p. 368 tras ser expropiada aos terratenentes, e a política de abastecemento de alimentos ás cidades), non foi do agrado do campesiñado.Gill (1978), p. 243