A cintura escapular é a primeira parte do membro superior humano, formada por dous ósos, a clavícula e a escápula. A cintura mantén unido o brazo ao tronco e polo tanto estabiliza o ombreiro. Articulacións A cintura escapular participa en tres articulacións anatómicas do ombreiro: Articulación esternoclavicular

A articulación esternoclavicular é a articulación máis interna do ombreiro e artella a clavícula co esterno, a través dun menisco articular. A cápsula articular mantén unidos a ambos ósos. Articulación acromioclavicular

A articulación acromioclavicular artella o acromion da escápula coa parte máis lateral ou externa da clavícula. Ten unha mobilidade reducida e ten numerosos ligamentos de reforzo. Articulación glenoumeral

A articulación glenoumeral é a máis móbil do ombreiro. Artella o úmero coa cavidade glenoide da escápula.

Unións miotendíneas Á marxe das articulacións entre ósos existen dous tipos de unións miotendíneas, que contribúen á integridade do membro superior. Unión escapulocostal É a unión fisiolóxica da escápula e as costelas. Contribúen a ela o músculo trapecio, o músculo romboide maior, o músculo romboide menor e o músculo serrato anterior. Recibe unha pequena achega do músculo pectoral menor. Unión supraumeral É unha unión entre a cabeza umeral co ligamento acromiocoracoide. Participa o tendón do músculo supraespiñal. Véxase tamén Ombreiro Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Esqueleto