miniatura|240px|Polymixia berndti miniatura|240px|Polymixia lowei A dos polimíxidos ou, respectando a prosodia latina, polimixíidos (Polymixiidae), é unha familia de peixes mariños teleósteos, a única da orde dos polimixiformes (Polymixiiformes) que, á súa vez, é a única da superorde dos polimixiomorfos (Polymixiomorpha) —agás un pequeno grupo incertae sedis—.

Distribúense por zonas tropicais e subtropicais dos océanos Atlántico, Índico e oeste do Pacífico, onde viven a profundidades entre os 180 e os 640 m.Nelson, J. S. (1994): Fishes of the world. Third edition. New York: John Wiley & Sons Inc. 600 p.

Teñen o corpo moderadamente longo e comprimido, cunha lonxitude máxima de 38 cm, e cun par de barbas no hioide, moi característico, do que toman o seu nome común de barbudos.

A aleta dorsal esténdese de forma continua polo dorso, con 4-6 raios espiñosos e 26-38 raios brandos. A aleta anal curta.

Clasificación: xéneros e especies

Existen na actualidade dez especies, todas elas do mesmo xénero, pois os outros catro xéneros están extinguidos:

Superorde Polymyxiomorpha Orde Polymixiiformes Familia Polymixiidae Xénero Polymixia (Lowe, 1838) Polymixia berndti (Gilbert, 1905) Polymixia busakhini (Kotlyar, 1992) Polymixia fusca (Kotthaus, 1970) Polymixia japonica (Günther, 1877) Polymixia longispina (Deng, Xiong e Zhan, 1983) Polymixia lowei (Günther, 1859) Polymixia nobilis (Lowe, 1838) Polymixia salagomeziensis (Kotlyar, 1991) Polymixia sazonovi (Kotlyar, 1992) Polymixia yuri (Kotlyar, 1982) Xénero Berycopsis † Xénero Dalmatichthys † Xénero Omosoma † Xénero Omosomopsis † Polymyxiomorpha incertae sedis: Orde Ctenothrissiformes' Notas

Véxase tamén

Bibliografía Fiedler, Kurt (1991): Lehrbuch der Speziellen Zoologie. Band II, Teil 2: Fische. Jena: Gustav Fischer Verlag. ISBN 3-334-00339-6. Nelson, J. S. (1994): Fishes of the World. Terceira edición. Nova York: John Wiley & Sons Inc. ISBN 0-471-54713-1.

Ligazóns externas Polymixiidae'' en ITIS (en inglés) Consultada o 09/04/2020. FishBase Polymixiiformes Consultada o 13/11/2012. FishBase Polymixiidae Consultada o 13/11/2012.

Categoría:Teleósteos