Turandot é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Giuseppe Adami e Renato Simoni. A ópera, inconclusa pola morte de Puccini, foi completada por Franco Alfano. Foi estreada o 25 de abril de 1926 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Arturo Toscanini e sen as adicións de Alfano. As posteriores representacións realizáronse coa partitura completa.
Unha das partes máis difíciles da ópera encóntrase no segundo acto e se inicia coa frase In questa reggia, cando Turandot explica a razón do seu comportamento. Musicalmente, esta parte exixe sobreagudos a cargo da soprano que, combinados coa capacidade wagneriana que require o personaxe, fana particularmente difícil. No terceiro acto se encontra unha das arias máis coñecidas para tenor, Nessun dorma, que representa a vitoria do amor sobre o odio, onde Calaf canta que ninguén durma para descubrir o nome do xove heroe. Outro aspecto musicalmente notable é o enfrontamento entre tenor e soprano, no segundo acto, que moitos comparan co que fixo antes Puccini en Tosca, tamén no segundo acto, cando enfronta as voces do barítono e a soprano, Scarpia e Tosca.
Turandot é un alcume persa que significa "a filla de Turan", sendo Turan unha rexión de Asia Central que formou parte do Imperio Persa. Segundo o experto na música de Puccini, Patrick Vincent Casali, o "t" final non debe soar na pronunciación desta palabra, e Puccini non a vai pronunciar (de acordo con Rosa Raisa, a primeira cantante en interpretar o papel protagonista) e, segundo as notas de Casali, a estrutura musical da meirande parte das entonacións do nome por parte de Calaf fan do son do t final case un imposible.Para unha discusión sobre a pronunciación do nom, cf. The Pronunciation of Turandot: Puccini's Last Enigma, por Patrick Vincent Casali en Opera Quarterly (1997)
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 25 de abril de 1926(Director: Arturo Toscanini)Princesa TurandotsopranoRosa RaisaO emperador Altoum, seu paitenorFrancesco DominiciTimur, o deposto rei de TartariabaixoCarlo WalterO príncipe descoñecido (Calàf), seu fillotenorMiguel FletaLiù, unha escravasopranoMaria ZamboniPing, Lord CancillerbarítonoGiacomo RiminiPang, MordomotenorEmilio VenturiniPong, Xefe da cociña imperialtenorGiuseppe NessiUn mandarínbarítonoAristide BaracchiO príncipe de PersiatenorNon mencionado no programa orixinalO verdugo (Pu-Tin-Pao)papel mudoNon mencionado no programa orixinalGardas imperiais, os homes do verdugo, nenos, sacerdotes, mandaríns, dignatarios, oito homes sabios, doncellas de Turandot, soldados, portaestandartes, músicos, pantasmas dos pretendientes, público
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Libreto en italiano e castelán
Categoría:Óperas de Puccini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas no Teatro alla Scala Categoría:Óperas de 1926