René Arnoux Alexandre, nado o 4 de xullo de 1948 en Pontcharra, Isère, é un expiloto francés de Fórmula Un. En 2006 correu na tempada inaugural da fórmula Grand Prix Masters para os pilotos xubilados de F1.

Traxectoria Arnoux competiu na Fórmula Un de a , obtendo 7 vitorias, 18 pole positions, 22 podios e 181 puntos en toda a súa carreira. Competiu na GP Masters, ao lado doutros veteranos da Fórmula 1.

Antes da Fórmula 1 Entusiasmouse cedo polo automobilismo, e en 1976 disputaba a Fórmula 2, onde foi subcampión, cun punto menos que o vencedor e futuro compañeiro de equipo, Jean-Pierre Jabouille. En 1977 volta á carga e gaña o Europeo de Fórmula 2 con autoridade.O piloto do dia: René Arnoux.

Martini e Surtees (1978) En , comeza a súa carreira na Fórmula 1. Pero, o pequeno equipo Martini Cars non tiña condicións para máis altos voos, e antes que acabe a tempada, retírase da competición. Despois vai substituír o accidentado italiano Vittorio Brambilla en Surtees, mais este equipo tamén está nas súas horas finais, e pouco había que facer. Non logrou puntuar.

Renault (1979-1982) Para a tempada , Renault escólleo para que sexa o seu segundo piloto, e a primeira oportunidade que ten para brillar é no gran Premio de Francia en Dijon-Prenois, onde a batalla final polo segundo lugar, co Ferrari do canadense Gilles Villeneuve é hoxe en día considerada como unha das máis brillantes batallas da historia do automobilismo. Non venceu a batalla contra Villeneuve, mais deixou seu nome estampado na Fórmula 1. O 3º lugar final dálle o seu primeiro podio, feito que repite no GP de Inglaterra en Silverstone, acaba en 2º, detrás do Williams do suízo Clay Regazzoni. En Austria, consegue a súa primeira pole position, posición que repite en Holanda. En Watkins Glen, o GP dos Estados Unidos, a última proba do campionato, termina 2º. Termina o campionato en 8º lugar con 17 puntos, conseguindo: dúas poles, tres podios e dúas voltas rápidas.

En , ten un inicio de tempada fabuloso: gaña en Interlagos, o GP do Brasil, súa primeira vitoriaa, e no GP de Suráfrica en Kyalami, colocándose á fronte do campionato do Mundo. Mais esta euforia dura até a 5ª carreira, o GP de Bélxica, e despois diso, o mellor que consegue é un 2º en Holanda. Termina o campionato en 6º lugar con 29 puntos: dúas vitorias, tres podios, dúas poles e catro voltas rápidas.

Para o campionato de , Arnoux conta cun novo compañeiro de equipo e compatriota: Alain Prost. O mozo francés do coche número 15 mostra do que está feito, e rapidamente consegue ser mellor ca el. O mellor que consegue Arnoux é ser segundo en Austria. Finaliza o campionato en 9º lugar con 11 puntos. Para iso, obtivo: catro pole positions e unha volta rápida.

Na temporada de , Arnoux ve o ascenso de Prost a primeiro piloto, despois de gañar as dúas primeiras probas do campionato: África do Sur e Brasil, (en función das desclasificacións dos coches de: Nelson Piquet (vencedor) e Keke Rosberg (2º colocado)). Para empeorar as cousas, nesa altura, o francés do coche número 16 non consegue máis que un 3º lugar. Esa tensión chega ao auxe no gran Premio de Francia dese ano: o equipo decidira que Arnoux debería deixalo pasar en mellor situación no campionato. Ora, Arnoux, que fixera a pole position, pensou que tal idea era ultraxante e non acatou a orde. Resultado: Arnoux venceu a proba, pero practicamente custoulle o posto e comezou a procurar equipo para o próximo ano.

Arnoux aínda foi 2º en Alemaña en Hockenheim e venceu en Italia en Monza. Ficou en 6º lugar na clasificación xeral con 28 puntos. Para iso, fixo: cinco pole positions, catro podios e unha volta rápida. Tras a última proba, deixou o equipo.

Ferrari (1983-1985) O seu novo equipo para foi Ferrari. A súa rapidez non pasara desapercibida ao Comendatore Enzo Ferrari e formou un dúo totalmente francés ao lado de Patrick Tambay. Domina rapidamente a seu compañeiro de equipo vencendo tres Grandes Premios: Canadá, Alemaña e Holanda. Foi a súa mellor tempada, pois tras o 2º posto no GP de Italia, o piloto do coche vermello número 28 estaba 2 puntos detrás do seu compatriota Alain Prost de Renault. A grande oportunidade de Arnoux de ser o primeiro piloto francés en conquistar o título era excepcional, mais na penúltima carreira, o GP de Europa en Brands Hatch, non puido pasr do 9º posto, descendendo á 3ª posición no campionato. Necesitaba dunha vitoria na última carreira, o GP de Suráfrica, e que Prost terminase 6º e Piquet 4º. Na carreira, a oportunidade de ser campión durou só 9 voltas, cando o motor italiano estourou e deixou a seus rivais na loita polo título. O 3º lugar no campionato con 49 puntos foi o mellor en toda a súa carreira con: tres vitorias, sete podios, catro pole positions e dúas voltas rápidas. Aínda que non ficase coa copa, polo menos fixo que o seu equipo xunto con seu compañeiro conquistara o título de construtores, algo que só conquistaría novamente 16 anos máis tarde.

No campionato de , o coche perde competitividade en favor de McLaren e de Lotus. Arnoux non gaña, non fai poles, non lidera ningunha volta e o mellor posto que obtivo foron dous 2º postos en: San Marino e Dallas. O seu novo compañeiro de equipo, Michele Alboreto, aínda gaña unha carreira. Clasificouse en 6º lugar no Mundial con 27 puntos: catro podios e dúas voltas rápidas.

Na tempada de , na carreira de apertura, o gran Premio do Brasil, Arnoux comezaba cun bo 4º lugar. Mais esta sería a súa última carreira con Ferrari, antes do GP de Portugal, Arnoux foi despedido inesperadamente por Ferrari e substituído polo sueco Stefan Johansson, oficialmente por un problema físico, pero a verdadeira razón descoñécese e nin o francés nin o equipo axudaron a aclarar as razóns da exclusión do equipo de Arnoux. Sen un volante para o resto da tempada, pasou o resto do ano en busca dun contrato para tempada seguinte, co apoio de Marlboro. Nun principio parecía seguro a súa fichaxe por Toleman, pero ao final ficho por Ligier. Remata a tempada con só 3 puntos da carreira brasileira e o 18º lugar no Mundial de Pilotos.

Ligier (1986-1989)

Regresa á competición con Ligier e o potente motor Renault Turbo no campionato de . Ten 37 anos e a súa rapidez continúa intacta. Coloca o seu coche regularmente nos puntos, mais non alcanza ningún podio. Termina o ano con 17 puntos, dándolle un 10º lugar.

Continúa no equipo en , pero xa en decadencia, porque non podía contar co motor francés, que se retirou da categoría. En princípo, o equipo contaría co motor Alfa Romeo, mais o propio piloto rexeitou que o equipo utilizáseo no Mundial, pois nas probas se mostrou moi feble. Rapidamente, o equipo de Guy Ligier contactou con Megatron, a preparadora dos BMW Turbo. Por iso, o equipo non estivo presente na carreira de inicio, o gran Premio do Brasil. A participación comezou na segunda carreira en San Marino. No troco de motores, o piloto conseguiu terminar só cinco probas, mais unha concluíu nos puntos cun 6º posto en Bélxica, acabando o campionato en 17º lugar con 1 punto.

Na tempada de , o equipo troca novamente de motor e adopta o motor aspirado Judd V8, (a estrea do propulsor na categoría). Seu compañeiro de equipo foi aquel que o substituíu tres anos antes, o sueco Stefan Johansson. Co novo motor, Arnoux termina cinco probas, mais non logra conquistar ningún punto.

O turbo foi prohibido no campionato de , e todos os equipos tiñan que usar motor aspirado. O equipo troca unha vez máis o motor; agora era o Ford Cosworth V8. O terceiro ano de Ligier, o piloto encontrou moitas dificultades para clasificar o coche na grella. O francés do coche número 25 non se clasificou en sete carreiras e só obtivo éxito en nove; concluíu seis carreiras, mais só unha foi nos puntos un 5º posto no gran Premio do Canadá, baixo a choiva. Cerra o campionato en 22º lugar con 2 puntos e tamén é o final da súa carreira na Fórmula 1 con 41 anos.

Tras a Fórmula 1 Arnoux montou un negocio de pistas de karting indoor por toda a Francia. Neste momento teñen catro pistas a funcionar, dúas na rexión parisiense, unha en Lión e outra en Marsella. Ao final de 2006, decidiu volver a poñerse o casco ao participar no Grand Prix Masters, a Fórmula 1 para pilotos con máis de 45 anos.

Estatísticas Saídas na Fórmula 1: 149 Todos os GPs: 164

Vitorias na Fórmula 1 Gran Premio do Brasil de 1980 Gran Premio de Suráfrica do Sur de 1980 Gran Premio de Francia de 1982 Gran Premio de Italia de 1982 Gran Premio do Canadá de 1983 Gran Premio de Alemaña de 1983 Gran Premio dos Países Baixos de 1983 Primeiro GP: Zolder 78 (Gran Premio de Bélxica de ). Último GP: Adelaide 89 (Gran Premio de Australia de ). Primeira Pole position: Österreichring 79 (Gran Premio de Austria de ). Última Pole position: Silverstone 83 (Gran Premio do Reino Unido de ).

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos Automobiles Martini Martini MK23 Ford Cosworth DFV ARX BRA RSANSC USW MONNSCP BEL9 ESP SWE FRA14 RUNPP ALENSCP AUT9 HOLRet ITA NC 0 Durex Team Surtees Surtees TS20 USA9 CANRet Equipe Renault Elf Renault RS01 Renault V6 (t/c) ARXRet BRARet RSARet USWNTS ESP9 BELRet 8º 17 Renault RS10 MONRet FRA3 RU2 ALERet AUT6 HOLRet ITARet CANRet USA2 Equipe Renault Elf Renault RE20 Renault V6 (t/c) ARXRet BRA1 RSA1 USW9 BEL4 MONRet FRA5 RUNC ALERet AUT9 HOL2 ITA10 CANRet USA7 6º 29 Equipe Renault Elf Renault RE20B Renault V6 (t/c) USW8 BRARet ARX5 SMR8 BELNSC 9º 11 Renault RE30 MONRet ESP9 FRA4 RU9 ALE13 AUT2 HOLRet ITARet CANRet CPLRet Equipe Renault Elf Renault RE30B Renault V6 (t/c) RSA3 BRARet USWRet SMRRet BELRet MONRet DET10 CANRet HOLRet RURet FRA1 ALE2 AUTRet SUIRet ITA1 CPLRet 6º 28 Scuderia Ferrari Ferrari 126C2B Ferrari V6 (t/c) BRA10 USW3 FRA7 SMR3 MONRet BELRet DETRet CAN1 RU5 3º 49 Ferrari 126C3 ALE1 AUT2 HOL1 ITA2 EUR9 RSARet Scuderia Ferrari Ferrari 126C4 Ferrari V6 (t/c) BRARet RSARet BEL3 SMR2 FRA4 MON‡3 CAN5 DETRet DAL2 RU6 ALE6 AUT7 HOL11 ITARet EUR5 POR9 6º 27 Scuderia Ferrari Ferrari 156/85 Ferrari V6 (t/c) BRA4 POR SMR MON CAN DET FRA RU ALE AUT HOL ITA BEL EUR RSA AUS 17º 3 Equipe Ligier Ligier JS27 Renault V6 (t/c) BRA4 ESPRet SMRRet MON5 BELRet CAN6 DETRet FRA5 RU4 ALE4 HUNRet AUT10 ITARet POR7 MEX15 AUS7 10º 14 Ligier Loto Ligier JS29B Megatron 4 en liña (t/c) BRA SMRDNS BEL6 MON11 DET10 19º 1 Ligier JS29C FRARet RURet ALERet HUNRet AUT10 ITA10 PORRet ESPRet MEXRet XPNRet AUSRet Ligier Loto Ligier JS31 Judd V8 BRARet SMRNSC MONRet MEXRet CANRet DETRet FRANSC RU18 ALE17 HUNRet BELRet ITA13 POR10 ESPRet XPN17 AUSRet NC 0 Ligier Loto Ligier JS33 Ford Cosworth DFR BRANSC SMRNSC MON12 MEX14 USADNQ CAN5 FRARet RUNSC ALE11 HUNNSC BELRet ITA9 POR13 ESPNSC XPNNSC AUSRet 23º 2

‡ A carreira detívose con menos do 75% de voltas completadas, outorgáronse a metade dos puntos.

Resultados de carreiras non de campionato (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 1978 Automobiles Martini Martini MK23 Ford Cosworth DFV INTNTS 1983 Scuderia Ferrari Ferrari 126C2B Ferrari V6 (t/c) ROC Ret

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Profile at GrandPrix.com

Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Francia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Renault Categoría:Nados no departamento de Isère Categoría:Nados en 1948