O Goberno Enclaustrado, coñecido tamén como sistema Insei, é unha característica da historia do Xapón, da súa política e ás veces dos negocios. En case todos os gobernos e unidades administrativas o gobernante nominal non ten un poder práctico, senón que simplemente rexenta e son os conselleiros os que teñen o poder real.
Características Os títulos utilizados para exercer o goberno enclaustrado son: Sodanyaku - conselleiros nos bancos, Sessho and Kampaku - rexentes na Corte Imperial de Kyoto, Shikken - no shogunato Kamakura Kanrei - no shogunato Ashikaga Tairo e Karo - no shogunato Tokugawa
O goberno enclaustrado foi un procedemento utilizado por diversos emperadores xaponeses mediante o cal se retiraban a un mosteiro e entregaban o poder a un sucesor mais continuaban a exercer o seu poder e influencia por detrás. Os emperadores retirados reciben o nome de Jōkō (上皇). O primeiro emperador retirado que exerceu este tipo de goberno no Xapón foi a emperatriz Jito.
O termo emperador retirado emprégase principalmente ao tratar un período da historia xaponesa na que esta era unha práctica común: un emperador retirado podía ter máis influencia que cando estaba no trono porque retiña o prestixio do título e tiña máis liberdade para falar en público.
Aínda que a influencia real do goberno enclaustrado pode ter sido esaxerada por algúns historiadores, haina que ver no contexto do dominio progresivo que a clase dos guerreiros exercía sobre a aristocracia. En épocas posteriores, o emperador caía na sombra do seu shogun, tal e como se realmente houbese aínda un emperador enclaustrado presente.
Emperadores Entre os emperadores famosos que adoptaron o goberno enclaustrado destacan:
Shirakawa (1053-1129, r. 1073-1087 e goberno enclaustrado de 1087 a 1129). Toba (1103-1156, r. 1107-1123 e goberno enclaustrado de 1129 a 1156). Go-Shirakawa (1127-1192, r. 1155-1158 e goberno enclaustrado de 1158 a 1192).
Categoría:Política Categoría:Historia do Xapón