miniatura|esquerda|100px|Ácido 2-fosfoglicérico. O ácido 2-fosfoglicérico ou ácido 2-fosfo-D-glicérico (2PG) é un composto orgánico moi importante no metabolismo, xa que intervén (en forma desprotonada) na glicólise. É un ácido carboxílico de 3 carbonos, que leva un grupo COOH no carbono 1, un grupo fosfato esterificado no carbono 2 e un grupo OH unido ao carbono 3 PubChem compound 2-fosfoglicerate. No metabolismo intervén o enantiómero D. Pola súa estrutura química pode considerarse un derivado do ácido glicérico.

A súa forma desprotonada (COO-) é o 2-fosfoglicerato, que é a forma na que está a pH fisiolóxico e na que intervén no metabolismo

Intervención na glicólise e gliconeoxénese O 2-fosfoglicerato orixínase na glicólise a partir do 3-fosfoglicerato (3PG). A reacción é unha isomerización catalizada pola fosfoglicerato mutase, que cambia o grupo fosfato do carbono 3 ao carbono 2 A. Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega. (1988). Páxinas 408-411. ISBN 84-282-0738-0.

Seguidamente, o 2-fosfoglicerato formado transfórmase en fosfoenolpiruvato (PEP) en reacción catalizada pola enolase,que é a penúltima reacción da glicólise. Na reacción requírense dous catións magnesio e consiste nunha deshidratación na que se perde o gupo OH e se forma un dobre enlace .

{| align="left" |- align="center" valign="middle" | colspan="3" bgcolor="f0e0e0" | Formación

| colspan="3" bgcolor="f0e0e0" | Transformación |- align="center" valign="middle" | 75px |    75px|⇌    | 112px

| 112px | style="text-align:right;padding:0 1em" | libérase H2OFicheiro:Biochem reaction arrow reversible NYYN horiz med.svgH2O | 75px |- align="center" valign="middle" | 3PG

| 2PG

| 2PG

| PEP |- align="center" valign="middle" | colspan="3" bgcolor="ffffd0" | Fosfoglicerato mutase

| colspan="3" bgcolor="ffffd0" | enolase (fosfopiruvato hidratase)

En estudos do metabolismo bacteriano comprobouse que intervén na modificación covalente da enolase.Grégory Boël et al. Is 2-Phosphoglycerate-dependent Automodification of Bacterial Enolases Implicated in their Export? Journal of Molecular Biology Volume 337, Issue 2, 19 March 2004, Pages 485-496

Ademais, induce a fosforilación de proteínas nos illotes de Langerhans.S B Pek et al. Protein phosphorylation in pancreatic islets induced by 3-phosphoglycerate and 2-phosphoglycerate PNAS June 1, 1990 vol. 87 no. 11 4294-4298

Na gliconeoxénese o 2-fosfoglicerato intervén realizando reaccións inversas ás que realiza na glicólise.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ácido 3-fosfoglicérico Glicólise

Categoría:Ácidos carboxílicos Categoría:Glicólise Categoría:Organofosfatos Categoría:Ésteres