miniatura|300px|Sanmartiños expostos á venda nun mercado Os Zeiformes (Zeiformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii), constituída por especies de augas profundas de tódolos océanos.

O nome procede do deus grego Zeus, quizais pola semellanza da aleta dorsal, cos seus longos raios, coa coroa do deus.

Características Presentan un corpo alto e comprimido, de silueta oval e cunha gran cabeza. A liña lateral é curva no centro dos costados. Normalmente, a mandíbula é moi distensible.

Posúen dúas aletas dorsais, con 5 a 10 espiñas, e dúas aletas anais con ningunha a 4 espiñas; as aletas pelvianas poden ter unha espiñas ou ningunha. A aleta caudal é homocerca, con -normalmente- 11 raios ramificados.

Clasificación Divídense en sete familias cunhas 33 especies: Suborde Caproidei: Familia Caproidae Suborde Cyttoidei: Familia Cyttidae Suborde Zeioidei: Familia Grammicolepididae Familia Oreosomatidae Familia Parazenidae Familia Zeidae Familia Zenionidae

Véxase tamén

Ligazóns externas Taxonomía ITIS Taxonomía FishBase

Categoría:Acantopterixios