400px|miniatura|10. Manguito rotador: 11. Supraespiñal, 12. Subescapular, 13. Infraespiñal, 14. Redondo menor O manguito rotador é un grupo de músculos do membro superior que mantén unido o úmero á escápula. Funcións O manguito de rotadores son importantes na estabilidade e mobilidade da articulación glenoumeral. Estes músculos insírense na escápula e se dirixen cara ao úmero. Deste xeito manteñen a cabeza umeral unida á cavidade glenoide da escápula.

Durante a abdución do brazo, o manguito de rotadores comprime a articulación glenoumeral, para que o músculo deltoide poida elevar o brazo. Sen a actuación deste grupo, a articulación sería moito máis luxable e permitiría menos movementos.

Músculos do manguito Son en total catro músculos. Músculo supraespiñal

O supraespiñal insírese na fosa supraespiñal da escápula e na epífise proximal do úmero. Abduce o brazo. Está innervado polo nervio supraescapular. Músculo infraespiñal

O infraespiñal insírese na fosa infraespiñal da escápula e na epífise proximal do úmero. Realiza a rotación externa do brazo. Está innervado polo nervio supraescapular. Músculo redondo menor

O redondo menor insírese no bordo axilar da escápula e na epífise proximal do úmero. Produce, ao igual que o infraespiñal, a rotación externa do brazo. Está innervado polo nervio axilar. Músculo subescapular

O subescapular insírese na fosa subescapular da escápula e na epífise proximal do úmero. Produce a rotación interna do brazo. Está innervado polo nervio subescapular superior e inferior.

Galería

Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Musculatura do membro superior

de:Oberarm#Rotatorenmanschette