miniatura|Refuxio de Tête Rouse O refuxio de Tête Rousse é un refuxio de montaña dos Alpes franceses situado no macizo do Mont Blanc, no departamento de Alta Savoia (Ródano-Alpes, Francia). Está a unha altitude de 3.167 metros.
Historia O primeiro refuxio inaugurouse en 1936. No ano 2005 foi completamente reconstruído.
Acceso Atópase ao longo da vía normal de acceso ao Mont Blanc, a unhas tres horas desde a estación terminal do tranvía do Mont Blanc Nid d'Aigle e a camiño do refuxio de Goûter.
Ascensións Aiguille du Goûter (3.863 m.) Dôme du Goûter (4.306 m.) Mont Blanc (4.810 m.)
Véxase tamén Ligazóns externas Datos en refuges.info
Categoría:Refuxios de montaña Categoría:Xeografía de Francia