O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, coñecido polo acrónimo CHUVI é unha institución sanitaria pública creada no ano 2004 que dá atención sanitaria especializada á poboación das comarcas de Vigo, o Baixo Miño, O Condado, A Paradanta e mais Cangas de Morrazo e Moaña no Morrazo. Depende do Servizo Galego de Saúde e está composta por catro hospitais e dous centros de especialidades.
O hospital de maior nivel asistencial, o Hospital Álvaro Cunqueiro, foi inaugurado en 2015, deixando progresivamente sen funcionamento o Hospital Xeral«El Xeral mantendrá un tac para los pacientes no ingresados en Beade» La Voz de Galicia, 27/9/2015..
Ademais da asistencia sanitaria, do CHUVI depende a formación sanitaria da Escola Universitaria de Enfermaría do Meixoeiro, centro adscrito á Universidade de Vigo.
Historia O CHUVI foi creado polo Decreto 95/2004, de 13 de maio dese ano, que dicía na súa exposición de motivos:
Anteriormente a esta data xa se redactaran dous procesos previos de coordinación. O Complexo Hospitalario Xeral-Cíes agrupaba estes dous hospitais mais o psiquiátrico do Rebullón, alén dos correspondentes centros de especialidades. Doutra banda, polo Decreto 37/2001 creárase a área de servizo compartido dos centros Xeral-Cíes e Meixoeiro, que foi encargada ao Instituto Galego de Medicina Técnica (MEDTEC). Estrutura
O CHUVI está composto por: Hospital Álvaro Cunqueiro. Hospital do Meixoeiro. Policlínico Cíes, hospital de cirurxía de ciclo rápido. Hospital Nicolás Peña, para pacientes crónicos e atención ambulatoria. Dous centros de consultas e atención ambulatoria: A Doblada e Coia.
Ata 2016 tamén integraban o CHUVI o Hospital Xeral (reconvertido en complexo administrativo xudicial) e o Hospital do Rebullón (centro psiquiátrico cuxa actividade foi asumida polo Álvaro Cunqueiro e o Nicolás Peña).
Desde 2015, a hospitalización convencional distribúese entre os hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro. O primeiro ten 845 camas, das que 318 corresponden á área médica, 249 á área cirúrxica, 76 á área pediátrica, 57 á área obstétrica, 62 á área psiquiátrica e 82 á área de coidados críticos. No hospital do Meixoeiro existen 347 camas, das que 224 corresponden á área médica, 120 á área cirúrxica (fundamentalmente cirurxía sen ingreso) e 3 á área de coidados críticos.
Recursos Equipos de alta tecnoloxía O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo inclúe diversos equipos e estruturas definidas como de alta tecnoloxía, entre as que se atopan técnicas invasivas, equipos de hemodiálise ou aparellos de diagnóstico pola imaxe.
+ Equipos de alta tecnoloxía EquipoAbreviaturaNúmeroTomografía computadorizadaTAC5Resonancia magnéticaRM5GammacámaraGAM3 Sala de hemodinámicaHEM3 Equipos de hemodiáliseDIAL57Litotricia extracorpórea por ondas de choqueLEOC0Bomba de cobaltoBCO0Acelerador de partículasALI4Tomografía por emisión de fotónsSPECT3Tomografía por emisión de positrónsPET1MamógrafosMAMOS2DensitómetrosDO1Anxiografía dixitalASD2
Xestión da información A información das historias clínicas dos doentes xestiónase de xeito informatizado nunha plataforma integrada e dixitalizada. O programa informático encargado de xestionar a información dos pacientes denomínase IANUS e úsase dende xuño de 2006. A implantación e xestión da información dixitalizada no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo foi encargada á doutora Lola Zapata.
O sistema IANUS permite acceder á información dos pacientes desde calquera equipo informático da área, así coma desde todos os centros dependentes do SERGAS. Ademais, este sistema permitiu da implantación da receita electrónica en Galicia.
Poboación atendida
O Complexo ofrece atención sanitaria pública á poboación do sur da provincia de Pontevedra. A Área Sanitaria de Vigo abrangue os concellos de Arbo, A Caniza, Cangas de Morrazo, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, A Guarda, Mondariz, Mondariz Balneario, Moaña, Mos, As Neves, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e o propio Vigo.
En 2015, o concello de Bueu solicitou adscribirse á Área Sanitaria de Vigo para seren derivados os seus doentes ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo en lugar de ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) como acontecía até ese momento.
O resto da poboación da zona, aga para especialidades como tocoloxía ou pediatría, é atendida no hospital privado e concertado Povisa.
Tamén é centro de referencia, é dicir, que atende tamén a pacientes de fóra da área asignada para: Toda Galicia: Cirurxía Cardíaca e Cardioloxía Intervencionista (libre elección de hospital). Provincias de Pontevedra e Ourense: Oncoloxía Radioterápica e Cirurxía Torácica. Provincia de Pontevedra: Neurocirurxía, Cirurxía Plástica, Cirurxía Pediátrica e Medicina Nuclear. Área de Vigo: Psiquiatría e Cirurxía Vascular.
Durante o gromo de febre por virus de Zika de 2016, o CHUVI foi designado centro de referencia en Galicia para as análises do virus.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Hospital Álvaro Cunqueiro Área metropolitana de Vigo
Ligazóns externas Páxina oficial.
Categoría:SERGAS