Pablo José Taboada Camoira, nado o 19 de setembro de 1971, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Estudou Empresariais na Universidade da Coruña. É funcionario do concello de Palas de Rei dende 1995 onde foi policía municipal. Foi primeiro tenente de alcalde en Palas de Rei polo PPdeG a partir de 2007."Louzán repesca como candidata en Mos a la alcaldesa tránsfuga", artigo en El País, 5 de maio de 2011 . Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Palas de Rei e foi elixido alcalde con maioría absoluta, ó igual que nas seguintes eleccións de 2015.
En xullo de 2017 foi condenado, xunto co seu precedesor Fernando Pensado, a 15 meses de prisión e a 9 anos de inhabilitación por acoso acoso laboral á anterior secretaria municipal tras haber denunciado esta o caso en 2011. Tras presentar un recurso ante o Tribunal Supremo, en xaneiro de 2019 a condena foi revogada, polo que puido concorrer de novo como candidato do PPdeG nas municipais dese mesmo ano e volveu ser reelixido alcalde por maioría absoluta. Nese mandato foi designado deputado provincial. Nas municipais de 2023 foi novamente reelixido por maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Palas de Rei
Ligazóns externas Noticia en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Palas de Rei Categoría:Nados en 1971 Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña