Un castelanimo léxico é un estranxeirismo que afecta ao léxico da lingua galega con orixe na lingua castelá. Características Pódense establecer tres grupos de castelanismos léxicos: Castelanismo adaptado á fonética galega. Introdución de formas castelás aínda que disfrazadas baixo a aparencia de formas galegas: *conexo (coello),Díaz Núñez & Seixo Pastor (2017) *parexa (parella), *antoxo (antollo), *baraxa (baralla, adaptación do castelanismo), *lentexa (lentella), *almexa (ameixa), *burbuxa (burbulla), *concexal (concelleiro), *partixa (partilla), *pegaxoso (pegañoso/pegañento), *rodaxa (toro), *xaula (gaiola), *desaiuno (almorzo), *ventaxa (vantaxe), *proiecto (proxecto), *zanxa (gabia) e outros.

Castelanismo. Substitución directa e errónea da forma galega pola castelá: *salud (saúde), *iglesia (igrexa), *pueblo (vila, aldea; pobo: nación), *persona (persoa), *barniz (verniz), *embudo (embude, funil), *cacerola (cazarola), *abuelo/abuela (avó/avoa), *adiós (adeus), *ballena (balea), *bellota (belota, landra), *mesilla (mesa de noite), *peine (peite), *polvo (po), *viúdo (viúvo), *ardilla (esquío), *salir (saír), *helado (xeado), *acera (beirarrúa), *arcén (beiravía), *asco (noxo), *autopista (autoestrada), *ayer (onte), *calle (rúa), *carreteira (estrada), *cerveza (cervexa), *colilla (cabicha), *cucaracha (cascuda), *cuchara (culler), *cuchillo (coitelo), *cuna (berce), *dios (deus), *encía (enxiva), *escoba (vasoira), *gafas (lentes), *granizo (sarabia), *grifo (billa), *grúa (guindastre), *gusano (verme), *laguna (lagoa), *lexía (lixivia), *lexos (lonxe), *relámpago (lóstrego), *riñón (ril), *rodilla (xeonllo), *sartén (tixola), *tenedor (garfo), *testigo (a testemuña invar. : persoa; testemuño: abstracto), *tixeira (tesoira), *tobillo (nocello), *tornillo (parafuso), *muñeca (pulso) e outros.

Castelanismos aceptados ou préstamos. Castelanismos considerados correctos na norma estándar, algúns dos cales son internacionais: tortilla, guerrilla, bocadillo e outros.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Lingüística galega