O Barcelona Sporting Club é unha entidade polideportiva ecuatoriana da cidade de Guayaquil, fundada o 1 de maio de 1925, máis coñecida pola sección de fútbol, a máis laureada do país con 14 títulos da Liga ecuatoriana. Nos anos 1990 e 1998 disputou a final da Copa Libertadores, caendo en ámbalas dúas, fronte ó Club Olimpia e ó CR Vasco da Gama.
Outras seccións do club adícanse ó baloncesto (1 título nacional), béisbol (14 títulos nacionais), voleibol, birlos (1 título nacional), water polo, natación, fútbol sala, boxeo, tenis e remo.
O club mantén unha forte rivalidade co outro gran club da cidade, o Club Sport Emelec, co cal disputa cada ano o Clásico do Estaleiro, un dos derbis mais tradicionais do país. Segundo varias enquisas, o Barcelona SC é o club que ten un maior número de seguidores en Ecuador, por diante doutros equipos como o propio CS Emelec, o LDU Quito, o CD El Nacional ou o Deportivo Quito.
O equipo de fútbol disputa os seus encontros como local no Estadio Monumental Isidro Romero Carbo, chamado dende 2008 Estadio Banco Pichincha por razóns de patrocinio. Trátase do estadio máis grande do país e un dos máis grandes de Suramérica, cunha capacidade superior a 90 000 persoas, pero que por regulamento da FIFA está limitado a 60 000. O estadio, inaugurado o 29 de maio de 1988, é propiedade do propio Barcelona Sporting Club.
No momento da creación do club, este foi bautizado co nome Barcelona como recoñecemento ó apoio recibido en Guayaquil pola comunidade española de Cataluña, terra onde naceron varios dos socios fundadores do equipo. Concretamente o fundador do club, Eutimio Pérez Arumí, era nativo de Vilassar de Mar.
Palmarés Continental Copa Libertadores (0) = - Subcampionatos (2) = 1990, 1998 Nacional Serie A de Ecuador (14) = 1960, 1963, 1966, 1970, 1971, 1980, 1981, 1985, 1987, 1989, 1991, 1995, 1997, 2012 Subcampionatos (11) = 1957, 1962, 1968, 1982, 1986, 1990, 1992, 1993, 2002, 2003, Apertura 2005
Rexional Campionato de Guayaquil (5) = 1955, 1961, 1963, 1965, 1967 Subcampionatos (7) = 1953, 1954, 1956, 1957, 1962, 1964, 1966
Xogadores 350px|miniatura|dereita|Estadio Monumental Isidro Romero Carbo. Os seguintes xogadores compoñían o equipo na tempada 2012:Fonte
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do Barcelona de Guayaquil
Categoría:Equipos de fútbol de Ecuador