Johannes Andreas Grib Fibiger, nado en Silkeborg, Dinamarca, o 23 de abril de 1867 e finado en Copenhague o 30 de xaneiro de 1928, foi un médico danés.
Traxectoria Estudou na Universidade de Copenhague onde obtivo a súa licenciatura en 1890. Posteriormente ampliou os seus estudos na Universidade de Berlín, onde foi discípulo de Robert Koch e Emil Adolf von Behring e onde exerceu como profesor de anatomía patolóxica.
Regresou á súa cidade natal para traballar no Laboratorio de Bacterioloxía da Universidade de Copenhague como axudante, onde obtivo o doutoramento en 1895 cunha tese sobre estudos bacteriolóxicos da difteria.
Recibiu varias distincións, entre as que destaca o Premio Nobel de Medicina en 1926, polas súas investigacións sobre a hipótese inflamatoria na etiopatoxenia do cancro.
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía oficial na páxina dos premios nobel
Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Médicos de Dinamarca Categoría:Nados na rexión de Midtjylland Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1928