Os berícidos (Berycidae) son unha familia de peixes teleósteos, da orde Bericiformes (Beryciformes). Son exclusivamente mariños e distribúense polos océanos Atlántico, Índico e centro-oeste do Pacífico, normalmente entre os 200 e os 600 m de profundidade.

Características O corpo é de perfil ovoide e comoprimido lateralmente, ollos grandes e circulares, boca grande e oblicua, con numerosos dentes pequenos, dispostos en bandas e tamén presentes no vómer e no padal. No opérculo posúen unha espiña forte e ríxida dirixida cara a atrás.

Presentan unha aleta dorsal, provista de 4 a 7 espiñas que aumentan de tamaño progresivamente desde a primeira á última, seguidas de 12 a 20 radios brandos; e unha aleta anal, con 4 espiñas seguidas de 12-17 (ata 29) radios brandos; unha única espiña en cada aleta pelviana. Aletas pectorais grandes. Caudal bifurcada.

Clasificación Divídense en dous xéneros con dez especies: Xénero Beryx (Cuvier 1829) Xénero Centroberyx (Gill 1862)

Véxase tamén Ligazóns externas

Taxonomía ITIS Taxonomía FishBase

Categoría:Bericiformes