O compartimento posterior do antebrazo é o compartimento anatomicamente máis posterior do antebrazo. Tamén é denominado compartimento extensor porque a función principal dos músculos que alberga é a extensión e a supinación.
O compartimento posterior contén os seguintes músculos:
Level Muscle E/I (só nalgunhas ocasións*) músculo braquiorradial I superficial músculo extensor radial longo do carpo E superficial músculo extensor radial curto do carpo E superficial músculo extensor cubital do carpo E intermedio músculo extensor dos dedos E intermedio músculo extensor do dedo maimiño E fondo músculo abdutor longo do polgar E fondo músculo extensor curto do polgar E fondo músculo extensor longo do polgar E fondo músculo extensor do índice E fondo músculo supinador longo I fondo músculo ancóneo I O músculo braquiorradial é un músculo propio do compartimento anterior do antebrazo, pero nalgunhas ocasións aparece no posterior.
As letras E e I refírense a inserción extrínseca (fóra do antebrazo) e intrínseca (no propio antebrazo).
Polo compartimento posterior discorre o nervio radial, que innerva a todos estes músculos. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Anatomía do membro superior