José Antonio Lorenzo Rodríguez é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Representante de comercio. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura da Coalición Popular á alcaldía de Mondariz Balneario e foi elixido alcalde con maioría absoluta. En 1987 encabezou a formación Independientes de Galicia e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. En 1991 encabezou a formación Independentes de Mondariz Balneario e revalidaría a alcaldía novamente con maioría absoluta. Tralas municipais de 1995 pasou a formar parte do PPdeG e revalidou a alcaldía con maioría absoluta. Continuou como alcalde con maioría absoluta á fronte do PPdeG ata 2023, cando renunciou a presentarse á reelección e foi substituído á fronte da alcaldía polo nacionalista César Gil Bernárdez.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Mondariz Balneario
Categoría:Alcaldes de Mondariz Balneario Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia