Joseph Paul Gaimard, nado en 1796 e finado en 1858, foi un naturalista e viaxeiro francés.

Xunto con Jean René Constant Quoy serviu como naturalista no navío La Coquille baixo as ordes de Louis Isidore Duperrey e no L'Astrolabe baixo o mando de Jules Dumont d'Urville entre 1826 e 1829.

Foi o xefe científico na expedición de La Recherche (1835-1836) ao océano Ártico, no que visitou Islandia e Groenlandia, froito desa viaxe foi a obra Voyage en Islande et au Groënland (8 volumes de texto e 1 de ilustracións). En 1838, dirixiu unha expedición científica á illa de Spitsbergen.

Cando menos dúas especies de crustáceos levan o seu nome na súa honra Eualus gaimardii (H. Milne Edwards, 1837) Byblis gaimardi (Krøyer, 1846)

Categoría:Biólogos de Francia Categoría:Nados en 1796 Categoría:Finados en 1858 Categoría:Ornitólogos de Francia