Joaquín Bautista Prieto Rodríguez, nado en Larouco o 13 de febreiro de 1968, é un político galego do Partido Popular de Galicia.
Traxectoria Funcionario do Servizo Galego de Saúde. Nas eleccións municipais de 1995 foi candidato do PPdeG e foi elixido concelleiro e nomeado primeiro tenente de alcalde. Logo da dimisión do alcalde José Fernández Estévez en marzo de 1998, foi elixido alcalde de Larouco o 23 de marzo.La Voz de Galicia, Ourense, 12-3-1998, p. 33.La Voz de Galicia, Ourense, 22-3-1998, p. 33. Nas municipais de 1999 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Larouco e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Larouco
Categoría:Alcaldes de Larouco Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Larouco Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes