O pardal das rochas (Petronia petronia) é unha especie de ave do xénero Petronia dentro da familia Passeridae.

Descrición miniatura|Petronia petronia. Parécese á femia do pardal común debido á súa apagada e pálida plumaxe. Ten unha mancha amarela na gorxa que en ocasións pasa desapercibida. En riba de cada ollo ten un risco de cor crema e outro escuro xusto en riba. O seu peteiro é grande e adaptado á súa dieta granívora.

Trátase dunha especie migratoria, a súa área de distribución esténdese por Europa, Asia e África. Habita en zonas secas de toda a Península Ibérica agás na franxa do Cantábrico e zonas próximas ao estreito de Xibraltar. Non aparece no leste das Canarias nin nas Illas Baleares.

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha da especie (PDF), por Javier Blasco-Zumeta

Categoría:Paséridos Categoría:Aves de Galicia Categoría:Animais descritos en 1766 Categoría:Aves de Eurasia