miniatura|300px|Gasterosteus aculeatus Os gasterosteidos, chamados en galego espiñentos , espiñeiros ou esganagatas (Gasterosteidae), son unha familia de peixes mariños e de río, incluída na orde Gasterosteiformes. Distribúense por todo o hemisferio norte.

Características Poden ter un corpo alargado ou non, nu ou con escudetes óseos ó longo dos laterais. Boca súpera.

Ante a aleta dorsal posúen unha serie de 3 a 16 espiñas dorsais ben desenvolvidas e illadas, de onde deriva o nome común de espiñosos. A aleta dorsal é atrasada e con 6 a 14 raios. Nas aletas pelvianas (ás veces ausentes), unha espiña e un ou dous raios brandos. Na aleta caudal, 12-13 raios.

A lonxitude máxima é de 18 cm, no caso de Spinachia spinachia.

Canto ó seu comportamento reprodutivo, destaca o feito de coidan das crías.

Clasificación Segundo FishBase, é necesaria unha revisión da clasificación taxonómica dos membros desta familia.

Admítense cinco xéneros con 7 ou 16 especies, segundo se consideren como tal ou como subespecies. Xénero Apeltes (De Kay, 1842) Xénero Culaea (Whitley, 1950) Xénero Gasterosteus (Linnaeus, 1758) Xénero Pungitius (Coste, 1848) Xénero Spinachia (Cuvier, 1816)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Taxonomía FishBase

Categoría:Gasterosteiformes