Antonio "Tono" Pérez Insua, nado en Noia o 4 de novembro de 1950, é un político galego do PPdeG. Foi alcalde de Noia entre 2003 e 2007.

Traxectoria Licenciado en Maxisterio, traballou como empregado de banca en Noia. En 2003 resultou elixido alcalde da vila noiesa á fronte da candidatura do Partido Popular, ao obter a maioría absoluta nas municipais daquel ano. Perdeu porén a maioría absoluta e a a alcaldía nos comicios de 2007 e non foi capaz de recuperala tampouco nos de 2011, co que durante eses anos figurou como cabeza da oposición.

Formou parte da candidatura do PPdeG ao Congreso dos Deputados nas Eleccións Xerais de 2011 que supuxeron a vitoria de Mariano Rajoy, aínda que non foi elixido deputado directamente. Porén, uns días despois Arsenio Fernández de Mesa renunciou ao seu posto na Cámara baixa para dirixir a Garda Civil e Pérez Ínsua pasou a ocupar o seu escano en xaneiro de 2012.

En marzo de 2013 foi acusado de vender participacións preferentes e débeda subordinada de Caixanova.Cortizo, Gonzalo (25/3/2013) "El diputado que vendía preferentes" El Diario .

En 2015, logo de finalizar o seu mandato como concelleiro e deputado, retirouse da primeira liña política.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Noia Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Conta persoal en Twitter O deputado que vendía preferentes en praza pública El diputado que vendía preferentes en El Diario

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Noia Categoría:Alcaldes de Noia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes