O Club Deportivo Cuenca é un club de fútbol profesional ecuatoriano da cidade de Cuenca, a 3ª cidade máis grande do país. Fundado o 4 de marzo de 1971, o equipo compite na máxima categoría da Liga de Ecuador, da que foi campión por primeira e única vez en 2004.

Segundo a clasificación da Conmebol, o CD Cuenca é actualmente o 4º club mais potente do país, e o 45º de Suramérica.Ranking de clubs da Conmebol Non obstante, na clasificación histórica da Liga ecuatoriana, o CD Cuenca ocupa a 6ª posición tralos 5 grandes clubs de Guayaquil e Quito: Barcelona SC, CD El Nacional, CS Emelec, LDU Quito e Deportivo Quito, nesa orde.

O equipo disputa os seus encontros como local no Estadio Alejandro Serrano Aguilar, construído en 1945 e reinaugurado en 1971, cuxa capacidade é de 22.000 persoas.

Palmarés Nacional Serie A de Ecuador (1) = 2004 Subcampionatos (5) = 1975, 1976, Clausura 2005, 2007, 2009

Xogadores

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do CD Cuenca

Categoría:Equipos de fútbol de Ecuador