Caterham F1 Team foi un equipo de Fórmula Un con licenza malaia2013 Formula One World Champtionship entry list FIA. Consultado o 2 de decembro de 2012. con sede no Reino Unido. O equipo competiu como Caterham, por primeira vez na tempada de Fórmula Un de , tras o cambio de nome do equipo, que competiu como Lotus Racing en . A marca Caterham competiu no Campionato do Mundo de Fórmula Un desde ata , trala adquisición do fabricante de coches deportivos británica Caterham Cars polo ex propietario e director do equipo, Tony Fernandes, formando o Grupo Caterham.
En xullo de 2014, Tony Fernandes, e os seus socios anunciaron que venderan o equipo a un consorcio de investidores suízos e de Oriente Medio. O nome "Caterham" utilizouse máis adiante baixo licenza logo da separación do Grupo Caterham.
En outubro de 2014, Caterham entrou en administración concursal e non asistiu por primeira vez na súa historia a unha carreira, o Gran Premio dos Estados Unidos. En novembro de 2014, logo de perderse tamén o Gran Premio do Brasil, Caterham converteuse no primeiro equipo de F1 en recorrer ao crowdfunding, o que permitiulle competir no último Gran Premio de 2014 e tomar parte nos tests finais de tempada ambos celebrados en Abu Dabi. O 27 de febreiro de 2015, a Federación Internacional do Automóbil (FIA) publicou unha lista revisada de participantes que incluía a Manor Marussia e eliminaba a Caterham da lista, o que significou a desaparición oficial do equipo.
Historia Antecedentes
O equipo de Fernandes entrou na Fórmula Un en como Lotus Racing, utilizando o nome de Lotus con licenza de Grupo Lotus. Cando a sociedade do Grupo Lotus Proton termina a licenza, Fernandes adquiriu a propiedade privada do nome Team Lotus para o seu uso na tempada . Como Proton comezou accións legais contra o equipo, Fernandes adquiriu Caterham Cars. En novembro de 2011, o equipo pediu á comisión da Fórmula Un cambiar oficialmente o seu nome de construtor para a tempada de Fórmula Un de de Lotus a Caterham, mentres que Renault cambiou o seu nome a Lotus. O permiso foi concedido antes de ser ratificado formalmente nunha reunión da FIA Consello Mundial de Automobilismo. O equipo terminou 10º no Campionato de Construtores en 2011, con tres 13º postos, dous de Trulli, o outro de Kovalainen.
Tempada 2012
Trulli e Kovalainen volveron asinar co equipo, baixo a súa nova denominación de Caterham, para . En xaneiro de 2012, anunciouse que o equipo trasladarase ó Leafield Technical Centre en Leafield, Oxfordshire, a antiga sede dos equipos Arrows e Super Aguri F1.
Tempada 2013
miniatura|right|210px|Charles Pic pilotando o CT03 no Circuíto de Cataluña O 23 de novembro de 2012, anunciouse que o piloto de Marussia Charles Pic asinara un contrato de varios anos co equipo. O seu compañeiro de equipo será o novato Giedo van der Garde. O 1 de marzo de 2013, o equipo anunciou que Alexander Rossi. E Ma Qinghua serían os seus pilotos reserva para a tempada 2013.
Charles Pic logrou o 14º lugar no Gran Premio de Malaisia de 2013, o mellor resultado do equipo da tempada 2013. O 17 de abril do ano 2013 confirmouse que o equipo volvera fichar a Heikki Kovalainen como piloto de reserva (papel formal de desenvolvemento técnico) co fin de poñer a proba as súas actualizacións. Ma Qinghua en consecuencia perdeu o seu asento como piloto reserva. No Gran Premio de Bélxica de 2013, Giedo van der Garde igualou a mellor posición de Caterham co posto 14º. Malia ter un coche máis rápido que os seus rivais Marussia, Caterham terminou detrás deles no campionato de construtores terminando no posto 11º.
Tempada 2014
O 21 de xaneiro de 2014 anunciouse que o equipo tería unha nova aliñación de pilotos con Marcus Ericsson e Kamui Kobayashi.
O dono do equipo Fernandes advertiu ós membros do equipo que ía deixar o equipo se os resultados non melloraban na tempada de 2014http://www.bbc.co.uk/sport/0/formula1/25833881 Logo do Gran Premio de Mónaco de 2014, Caterham converteuse no equipo co peor rexistro sen conseguir un só punto desde os seus comezos, logo de que os seus rivais de Marussia anotara os seus primeiros puntos desde que entrou na F1 en , co noveno posto de Jules Bianchi. Logo da reestruturación do equipo despois da súa compra por parte dos novos propietarios, o tres veces gañador das 24 Horas de Le Mans André Lotterer foi elixido para facer a súa debut na Fórmula Un, substituíndo a Kobayashi para o Gran Premio de Bélxica de 2014 en Spa-Francorchamps. Lotterer retirouse cedo na carreira.
En xullo de 2014, Caterham F1 anunciou a súa venda a un consorcio de investidores de Oriente Medio e suízos, asesorados polo ex director de equipo de F1 Colin Kolles. O expiloto de F1 holandés, Christijan Albers, asistido por Manfredi Ravetto, converteuse en responsable da xestión do día a día do equipo. Baixo esta nova xestión, de forma inesperada, Kobayashi non competiu no GP belga en Spa-Francorchamps. No seu lugar, o expiloto de probas de Jaguar e tres veces gañador das 24 Horas de Le Mans, André Lotterer, fixo a súa debut na Fórmula 1. Retirouse cedo da carreira debido a problemas mecánicos e perdeu a oportunidade para seguir en Caterham.
Problemas co persoal O 25 de xullo de 2014, anunciouse que máis de 40 ex empregados estaban tomando accións legais contra o equipo por despedimento improcedente, a raíz dunha serie de recortes de custos por parte dos seus novos donos.
Administración concursal O 21 de outubro de 2014, anunciouse que Caterham entrara en concurso de acredores, anunciouse que Caterham F1 retirou o seu equipo de xestión. Un comunicado emitido en nome de Caterham, dixo que os administradores concursais, Smith & Williamson, tiñan agora no control do equipo.http://www.autosport.com/news/report.php/id/116480 Bernie Ecclestone deu a Caterham permiso para non disputar os grandes premios dos Estados Unidos e o Brasil, durante o seu intento de atopar un novo comprador.http://www.autosport.com/news/report.php/id/116487?source=mostpopular
Ademais, Sauber anunciou o compromiso do piloto de Caterham, Marcus Ericsson, para a tempada e que rescindía o seu contrato con Caterham, o 12 de novembro de 2014.
Volta á competición O 5 de novembro de 2014, a FIA publicou a lista provisional de equipos para que incluía a Caterham, que se presenta como CF1 Caterham F1 Team.
Durante a fin de semana do Gran Premio do Brasil de 2014, os administradores de Caterham recorreron ao crowdfunding para manter as posibilidades do retorno do equipo á F1, para o desgusto dalgunhas personalidades da F1 incluíndo a Bernie Ecclestone. O 14 de novembro de 2014, Caterham informou que lograra os fondos suficientes,http://www.bbc.co.uk/sport/0/formula1/30055510?utm_source=twitterfeed&utm_medium=twitter a través da iniciativa de crowdfunding, para competir no último Gran Premio da tempada de Fórmula Un de 2014 en Abu Dabi. Por contraste cos logos das grandes multinacionais que adornan outros coches, segundo informes de prensa, un dos patrocinadores de crowdfunding nos coches de Caterham será un pequeno pub do Reino Unido.
O 16 de novembro de 2014, Caterham anunciou que Kamui Kobayashi pilotaría para o equipo en Abu Dabi e, o 20 de novembro, que o segundo piloto sería o piloto británico de 23 anos, Will Stevenshttp://www.bbc.co.uk/sport/0/formula1/30131456 que anteriormente fora piloto de probas do equipo.
En novembro de 2014, malia o regreso de Caterham F1 á competición baixo o control do seu administrador logo da exitosa iniciativa de crowdfunding, os 230 membros do persoal despedidos non participaron directamente nos preparativos do Gran Premio.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Puntos Pos. CT05 Renault Energy F1-2014 1.6 V6 t AUS MAL BHR CHN ESP MON CAN AUT RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR USA BRA ABU 0 11º Marcus Ericsson Ret 14 Ret 20 20 11 Ret 18 Ret 18 Ret 17 19 15 17 19 Kamui Kobayashi Ret 13 15 18 Ret 13 Ret 16 15 16 Ret 17 NTS 19 Ret Ret André Lotterer Ret Will Stevens 17 Caterham CT03 Renault V8 AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 0 11º Charles Pic 16 14 16 17 17 Ret 18 15 17 15 Ret 17 19 14 18 Ret 19 20 Ret Giedo van der Garde 18 15 18 21 Ret 15 Ret 18 18 14 16 18 16 15 Ret Ret 18 19 18 Caterham CT01 Renault RS27-2012 V8 AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 0 10º Heikki Kovalainen Ret 18 23 17 16 13 18 14 17 19 17 17 14 15 15 17 18 13 18 14 Vitaly Petrov Ret 16 18 16 17 Ret 19 13 NTS 16 19 14 15 19 17 16 17 16 17 11 * Tempada en curso. † Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lotus Racing
Ligazóns externas
Páxina oficial de Caterham F1
Categoría:Caterham F1
et:Team Lotus