O xhosa ou xosa é unha das 11 linguas oficiais de Suráfrica. É falada por aproximadamente 7,9 millóns de persoas (preto do 18% de sur-africanos), principalmente nas provincias do Cabo e sur do KwaZulu-Natal, mais tamén nos países veciños, Botswana e Lesotho.

As consoantes clicantes son unha característica prominente dos sons desta lingua e mesmo o nome "xhosa" iníciase cun "clique". No IPA, o nome da lingua é pronunciado aproximadamente como [||hosa].

Estímase que preto do 15% do vocabulario é de orixe khoisa e mesmo as consoantes clicantes poden ser desa orixe. Existen xornais e programas de radio nesta lingua.

miniatura|Cartel nun edificio do goberno en tres idiomas afrikaans, inglés e xhosa. Dialectos: XeAleka, Ndlambe, Gaika (NCqika), Thembu, BomVana, MPondomse (MPondomisi), MPondo, Xesibe.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en xhosa

Categoría:Linguas bantús Categoría:Linguas de Suráfrica