Principais potencias políticas de Europa Contra 3000 a. C. - Século XV a. C. Talasocracia de Minos (mar Exeo) 480 a. C. - 401 a. C. Atenas, a través da Liga de Delos (mar Exeo) 338 a. C. - 168 a. C. Reino de Macedonia, mar Exeo 201 a. C. - 395 d. C. República de Roma - Imperio romano (mar Mediterráneo, Galia, Panonia, Mesia, Dacia, Xermania, Britania) 395 - 1204 Imperio bizantino (Mediterráneo oriental, Balcáns, Turquía) 481 - 751 Reino Franco (Galia, dividido en Austrasia, Neustria e Aquitania) 726 - 1797 Venecia (Véneto, en épocas, Costa dálmata, mar Exeo) 751 - 843 Imperio carolinxio (Galia, Xermania, Cataluña, noroeste de Italia 756 - 1031 Emirato - Califato de Córdoba (Al-Ándalus / España) 843 - Actualidade Francia (París primeiro, Francia actual) 880 - 1204 Rus de Kíiv (Rusia, Ucraína, Belarús). 962 - 1648 (de facto), 1806 (de iure) Sacro Imperio Romano Xermánico (Alemaña, Austria, República Checa, Países Baixos, en épocas, norte de Italia) 1066 - 1707 Inglaterra (Inglaterra, despois Escocia , Irlanda, en 1707 pasou a ser o Reino Unido) 1071 - 1198 Reino Normando de Sicilia (Sicilia). 1139 - Actualidade Portugal (oeste da Península Ibérica, salvo 1580-1640) 1396 - 1923 Imperio Otomán (Península Balcánica, Turquía) 1397 - 1523 Unión de Kalmar (Dinamarca e Escandinavia) 1520 - Actualidade España (Península Ibérica, salvo Portugal, agás entre 1580-1640) 1516 - 1556 Imperio de Carlos V (España, Borgoña, Flandres, Alemaña, Austria, Milanesado, Nápoles, Sicilia) 1569 - 1795 República das Dúas Nacións ou Reino de Polonia-Lituania (Polonia, Belarús, Estados Bálticos, Ucraína) 1707 - Actualidade Reino Unido (Inglaterra, Gales, Escocia, Irlanda do Norte) 1725 - 1917 Imperio ruso (Europa oriental, Siberia) 1796 - 1815 Imperio napoleónico (Francia, Italia, Alemaña) 1806 - 1918 Imperio austríaco (Europa central, Balcáns, que se converteu no Imperio Austrohúngaro en 1867) 1859 - Actualidade Italia (Italia, en ocasións Costa dálmata, Albania, Libia, Etiopía) 1870 - Actualidade Alemaña (Alemaña, en ocasións, Alsacia, Austria, Sudetes, Eslovenia) 1917 - 1991 Unión Soviética (Europa oriental, Siberia, Asia central) 1991 - Actualidade Rusia (Rusia, Siberia) A historia de Europa refírese ao conxunto de sucesos relativos ás poboacións do continente europeo, desde que foi habitado polos primeiros seres humanos até a actualidade.

O Homo sapiens, segundo algunhas teorías, apareceu hai uns 130 000 anos en África. Porén, tamén algúns destes humanos puideron chegar desde Asia e o Oriente Medio a Europa, onde se asentaron entre 40 000 e 25 000 a. C. (Paleolítico superior).

A Antigüidade clásica estivo dominada polo influxo da civilización grecolatina sobre o resto de Europa. A fragmentación política de Europa e os sucesivos intentos forzados de unificación sumiron o continente en numerosos conflitos e guerras durante a Idade Media, como a guerra dos Cen Anos (que, a pesar do nome, durou máis dun século).

A Idade Moderna marca para Europa o inicio de procesos que moito despois darían lugar á globalización, e foi o tempo no que os conflitos bélicos se fixeron cada vez máis desastrosos, como na chamada guerra dos Trinta Anos. Os progresos económicos e o desenvolvemento científico-tecnolóxico aceleráronse en desmedro dos doutros continentes e, de maneira moito máis notoria, durante a Idade Contemporánea, producindo tensións por competencias que desencadearon máis guerras (como as guerras napoleónicas e as guerras mundiais).

Hoxe en día os procesos tendentes á unificación procúranse pacificamente, como no caso da formación da Unión Europea.

Prehistoria miniatura|329x329px|esquerda|Venus de Willendorf exemplo da arte europea de hai 24 000 - 22 000 anos.A prehistoria de Europa refírese ao período prehistórico de Europa, á prehistoria humana, desde o Paleolítico Inferior até a aparición da escritura. miniatura|esquerda|200x200px|O disco celeste de Nebra, descuberto en Alemaña.Este disco é a representación máis antiga que se coñece da bóveda celeste.

O berce da especie humana parece claro que non foi Europa, senón África e, polo tanto, o ser humano chegou a Europa desde fóra, nun movemento colonizador. Hai xa uns 500 000 anos existían espécimes de homínidos tales como o Home de Heidelberg, por exemplo, pero o ser humano actual (o Homo sapiens) chegou moito máis tardiamente.

A última vaga de poboación produciuse hai uns 25 000 anos, tratándose do Home de Cro-Magnon, o cal substituíu a poboación nativa, conformada polo Home de Neanderthal, ben fose asimilándoo, ou ben exterminado dita poboación; se houbo ou non hibridación entre neanderthais e cromañóns, é aínda materia de debate no mundo científico.

O final da Glaciación de Würm e a chegada do Holoceno produciron algúns cambios xeográficos de importancia. Así, o casquete de xeo que cubría o norte de Europa desapareceu e, ao subir o nivel do mar, as illas Británicas quedaron separadas do continente pola Canle da Manga.

Nos 10 000 anos seguintes desenvolvéronse varias culturas que, a través do desenvolvemento da agricultura, crearon unha civilización incipiente, cuxos núcleos poden rastrexarse en Hallstatt ou La Tène.

O maior testemuño da dita cultura é o conxunto de megálitos que cubriron Europa, incluíndo dolmens, trilitos, menhires e o fastuoso sitio arqueolóxico de Stonehenge.

Desde a Idade de Bronce en Europa distínguense dúas rexións culturais diferenciadas. Por un lado, no sueste desenvolvéronse civilizacións comparábeis ás de Exipto e o Próximo Oriente e, por outro, a maior parte de Europa continuou unha traxectoria máis autóctona, de xeito que nela a prehistoria durou practicamente até o inicio da Idade Media.

Idade Antiga: Europa grecorromana e Europa bárbara

miniatura|O Partenón na Acrópole de Atenas é un símbolo universal da antiga Grecia e un dos principais testemuños da civilización occidental. miniatura|Mosaico que mostra a Alexandre III de Macedonia loitando contra Darío III de Persia. miniatura|Evolución territorial do Imperio romano:- A República (vermello)- O Imperio (púrpura)- O Imperio de Occidente (azul)- O Imperio de Oriente (amarelo).

Contra o ano 3000 a. C., por influencia da cultura do Oriente Medio, na illa de Creta xurdiu unha civilización que construíu un imperio marítimo que abranguía todo o mar Exeo, e que comerciou con Exipto e todo o Levante mediterráneo.

Os gregos estruturáronse politicamente ao redor de comunidades autónomas chamadas polis (cidades-estado). A diferenza doutras culturas, os gregos nunca formaron un só grande imperio; cando foron unificados foi por obra de invasores externos (macedonios e romanos), e non por si mesmos.

Pola súa parte, os gregos emprenderon dúas etapas colonizadoras, a Xonia primeiro, e logo por toda a conca do mar Mediterráneo e, posteriormente, do mar Negro, fundando, entre outras, as cidades que despois serían Marsella, Nápoles, Taranto, Síbaris, Bizancio etc. Aínda que centrándose en África, os fenicios e os cartaxineses tamén levaron a cabo labores de fundación de cidades en Europa, incluíndo Tartessos e Cartaxena. No norte de Italia, de maneira paralela, xurdiu a cultura dos etruscos.

Durante a segunda metade do Primeiro Milenio, o Mediterráneo converteuse en campo de batalla para distintas potencias políticas. Atenas intentou facerse coa hexemonía do Mediterráneo a través da Liga de Delos, á vez que viviu un período de esplendor durante o chamado Século de Pericles, pero colapsou despois da súa derrota na guerra do Peloponeso (431 a. C. - 404 a. C.). Seguiu un século de inestabilidade en Grecia, até que Filipo II de Macedonia a unificou baixo a súa hexemonía. Posteriormente, o seu fillo Alexandre o Grande emprendeu a conquista do mundo oriental, e aínda que despois da súa morte (323 a. C.) as potencias orientais volveron a ser independentes, o Reino de Macedonia permaneceu como unha gran potencia.

No Occidente, pola súa parte, empezou a medrar o poderío da República Romana. Esta enfrontouse cos etruscos nunha longa serie de guerras que culminaron coa anexión das principais cidades etruscas contra 250 a. C. Tamén se enfrontou co poderío cartaxinés, dobregándoo nas guerras púnicas (264 a. C. - 146 a. C.). Durante o século seguinte, os romanos estendéronse por Grecia e por Oriente. En Europa, os romanos seguiron estendendo as súas fronteiras terra dentro, até que na época de Octavio Augusto (31 a. C. - 14 ), o Imperio Romano cubría todas as terras europeas ao sur dos ríos Rin e Danubio.

Neste proceso de expansión, os romanos abafaron a cultura dos celtas en Hispania e na Galia. Despois, ao asaltar Gran Bretaña no ano 43, os romanos destruíron os núcleos celtas en Inglaterra e Gales. Con todo, a cultura druídica conservouse en Irlanda e Escocia.

Ao outro lado do Rin, pola súa parte, vivían as tribos xermánicas. Non formaron un reino unificado, senón que eran diversas tribos mandadas por un rei e unha aristocracia tribal. Algunhas destas tribos de xermanos intentaron cruzar a fronteira (o limes) e atacar os romanos, aínda que sen éxito (por exemplo, os cimbros e os teutóns). Durante os catro séculos que van desde a época de Xulio César até a de Teodosio o Grande, a fronteira dos ríos Rin e Danubio foi efectivamente o límite entre a cultura dos romanos e a dos xermanos.

Colapso grecorromano e reinos xermanorromanos

No ano 235 o Imperio Romano entrou nun período de caos e confusión, do que saíu medio século despois, pero fortemente debilitado e cunha economía e políticas de corte marcadamente máis totalitario; este novo réxime coñécese polo Dominado. Durante esta crise, os bárbaros xermanos empezaron a facer presión con maior forza o Imperio, e incluso colonizaron pola súa conta (ou foron chamados como colonos) varias terras romanas fronteirizas.

Nesta época, dentro do Imperio Romano prosperou a relixión cristiá. En 313, Constantino I o Grande decretou a tolerancia relixiosa cara aos cristiáns no chamado "Edicto de Milán", e en 395, Teodosio o Grande proclamou o cristianismo como relixión oficial do Imperio. Neste período, e en particular desde o Primeiro Concilio de Nicea en adiante, o cristianismo desenvolveu fortes estruturas xerárquicas, ademais de desenvolver amplamente a doutrina e os dogmas de fe. Neste sentido, o cristianismo empezou a desenvolver a fisonomía que presentaría a Igrexa católica durante a Idade Media.

No ano 378, na batalla de Adrianópole, os xermanos inflixiron unha dura derrota aos romanos. A partir de entón a presión dos xermanos aumentou aínda máis. En 406 cruzaron o Rin e, ante a impotencia dos romanos, instaláronse en varias terras do Imperio. En 410, os visigodos saquearon Roma (por primeira vez en sete séculos a cidade imperial foi pisada por estranxeiros), e os vándalos repetiron isto en 455. Aínda que nominalmente en pé, o Imperio Romano disgregábase. En 476, Odoacro (xefe da tribo dos hérulos), tomou o poder en Roma pero, en vez de proclamarse Emperador, enviou as insignias imperiais a Bizancio, terminando así de iure o Imperio Romano de Occidente.

Os caudillos xermánicos lanzáronse entón, durante os séculos V e VI, a varias guerras que os debilitaron politicamente. Contra o ano 600 sobrevivían só os reinos dos visigodos, os longobardos, os francos e os anglosaxóns. Estas monarquías eran verdadeiras aristocracias militares, nas que o rei era máis un "primus inter pares" que un verdadeiro monarca absoluto.

Idade Escura

As sombras de Roma

miniatura|250px|Invasións bárbaras do Imperio romano. Todos os pobos sinalados, excepto os hunos, son xermánicos.

Despois da desintegración do mundo antigo como consecuencia das irrupcións dos pobos xermánicos: Bélxica (259), Galia (268-78), Italia (260-70), Tracia, Grecia e Asia Menor (258-69), e cando os persas derrotaron e capturaron o emperador Valeriano na batalla de Edesa (260), vén a época da Alta Idade Media ou da Idade Escura, que abarca o período comprendido desde a caída do Imperio Romano de occidente até o feudalismo.