Domingo Simón Miral y López, nado en Valle de Hecho, Huesca o 18 de febreiro de 1872 e finado en Zaragoza o 16 de abril de 1942,Domingo Simón Miral y López na Gran Enciclopedia de Aragón OnLine. foi un filólogo, pedagogo e escritor aragonés. Foi catedrático na Universidade de Oñati. Cando esta desapareceu, obtivo unha cátedra de grego na Universidade de Salamanca e cando esta foi suprimida pasou a ser catedrático de Teoría de Literatura e Belas Artes e Grego na Universidade de Zaragoza. Foi tamén decano da Facultade de Filosofía e Letras de 1923 a 1929. Despois foi vicerreitor do 6 de outubro de 1929 ao 10 de marzo de 1931, e reitor do 11 de marzo de 1931 ao 18 de abril de 1931, ano no que foi destituído tras proclamarse a Segunda República Española.

Actividade académica

Foi o fundador da revista Universidad, e estableceu os cursos de verán da Universidade de Zaragoza en Jaca, do Instituto de idiomas, do Colexio de tradutores e do Centro de Estudos Clásicos en Zaragoza.Beltrán, M.; Beltrán, A.; Fatás, G. (dir. y coord.), Aragoneses Ilustres; Zaragoza: Caja de Ahorros de la Inmaculada, 1983. p. 135-136.

Foi un grande estudoso e tradutor do alemán, publicando varias obras de gramática (destacando a Gramática alemana (Zaragoza, 1922), manuais para aprender e unha antoloxía de textos. Tamén traduciu unha vintena de obras do alemán ao castelán en diferentes campos. A súa tradución máis importante, foi Die helenishe Kultur de Baumgarten que aproximou o estudo da arte clásica a moitos estudantes.

Tamén fixo dous estudos sobre a conxugación do aragonés cheso. Tiña un proxecto para escribir unha gramatica chesa, que non chegou a facerse realidade. A súa produción literaria en aragonés inclúe, ademais de artigos en cheso nunha publicación local, dúas obras de teatro: "Qui bien fa nunca lo pierde" e "Tomando la fresca en la Cruz de Cristiano, o a casarse tocan". Tomou parte como vocal do Estudio de Filoloxía de Aragón.

Tamén foi concelleiro do Concello de Zaragoza e director do diario La Crónica.

Obras Obra literaria en aragonés: Qui bien fa nunca lo pierde (Chaca, Imprenta de Carlos Quintilla, 1903). Reimpreso en 1972. Edición facsímile de Gara d'Edizions e a Institución "Fernando el Católico" en 2002. Tomando la fresca en la Cruz de Cristiano ou A casarse tocan. Publicación conxunta coa anterior.

Artigos en aragonés: En meyo de lo xerbigadero. La Hoja del Valle de Hecho, nº 12, 1 de setembro de 1914. Carta à los mozéz de Hecho. La Hoja del Valle de Hecho, nº 26, 1 de setembro de 1915.

Publicacións filolóxicas sobre o aragonés: D. Miral. El verbo ser en el cheso (dialecto del Pirineo aragonés). Universidad, I. 1924. 209-216. Reeditado en: Archivo de Filología Aragonesa, Vol LXI-LXII. Páxinas 377-384 . D. Miral. Tipos de flexión verbal en el cheso (verbo hacer=fer). Universidad, VI. 1929. 1-10. Reeditado en: Archivo de Filología Aragonesa, Vol LXI-LXII. Páxinas 385-390 .

Notas

Véxase tamén

Bibliografía P. Galindo Romeo. Don Domingo Miral y López, 1872-1942. Zaragoza, 1942. F. Nagore. D. Miral como escritor en aragonés; Andalán, n.° 12 (1-III-73), p. 12. M.L. Bayo Bueno. La comedia chesa «Qui bien fa nunca lo pierde», de Domingo Miral. Institución «Fernando el Católico», Zaragoza, 1978.

Categoría:Escritores de Aragón Categoría:Escritores en lingua aragonesa Categoría:Nados en Valle de Hecho Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1942